Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De nomes e lugares (I): Staffan Mörling

lunes, 26 de septiembre de 2016
Primavera de 1993. As I Xornadas Históricas de Foz, organizadas polo concello, congregaran , durante dous fins de semana, a mais dun cento de persoas, chegadas de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela.

A personalidade singular dun dos asistentes; a súa presenza distinguida; a pulcritude dos modais e algunhas intervencións eruditas, fixeron del centro de atención.O talante comunicativo; a modestia e simpatía, permitiu a aproximación á persoa e compartir horas de grato parladoiro nos que os coñecementos e discursos inferían un especial interese.

Staffan Mörling é o nome: sueco, casado con galega da illa de Ons; licenciado en Antropoloxía cultural, Historia da Arte e Latín; profesor de inglés na Escola Naval de Marín. O amor e admiración por este país o levaron a investigar sobre as mais variadas facetas da nosa cultura.

Autor do libro”As embarcacións tradicionais de Galicia”, afanábase entón en senllos traballos sobre as estruturas do poder tradicional na Galicia rural, estudo que tiña por obxeto explicar as causas de que en Galicia non se plasmase un nacionalismo con peso político.

E por outra parte a análise da canción “O cantar do Mariscal” para chegar a saber de qué tipo de canción se trata e en qué contexto nace. Escrita en estrofas de catro versos, é unha das que se cantaban por feiras e mercados, en forma historiada.”A mín chaman Tornamira, señora de gran tesouro” ,din dous dos seus versos, o que se relaciona coa lenda da existencia na Frouseira dun tesouro oculto.

O estudo pretendía tamén comparala coas cancions que se fixeron en Dinamarca cando o asasinato do Rei de dito país, ocurrido a noite de Santa Cilla de 1286.

Na subida ó Pico da Frouseira, Mister Mörling sorprendeo a todos: no mais outo do lugar, da bolsa de viaxe que portaba, sacou unha gaita galega, lanzando ó aire as notas garridas da “Muiñeira de Chantada”. “A Frouseira – nos diría – é un lugar que fai sentir a historia, e reflexionar sobre Galicia”..

Na estación do FEVE, mentres agardábamos o tren- medio que usaba a cotío -escoitamos a súa opinión sobre as Xornadas que acabábamos de vivir, das que dixo: “Moi brillantes, e de altísimo nivel, polo que axudarán a coñecer a realidade histórica de Galicia e a divulgar o mito e o símbolo da identidade galega que crearon os escritores e poetas do século pasado e principios do actual (XX) porque, aínda que non sempre deron coa realidade histórica sobre Pardo de Cela que coñecemos hoxe, a través das investigacións sobrepostas, o seu propósito era serio, recordando a Galicia que o réximen que representaban estes señores saíra da realidade galega.

Non carece, pois, de fundamento o ver en Pardo de Cela un símbolo de Galicia, porque así foi. Representaba un estilo de vida tradicional desta terra, antes de que o poder central impuxera un control mais estrito deste país. As Xornadas deben constituir unha gran satisfacción para os organizadores, para Foz e toda A Mariña.

As mesmas resultaran moi exitosas; no logro tivera moi destacado papel Staffan Mörling.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES