Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gardando normas básicas

jueves, 22 de septiembre de 2016
Para circular polas estradas conducindo un veículo, hai que aprender o código de circulación e máis saber manexar o veículo correpondente.
Para asistir a unha celebración litúrxica, hai unhas normas ben estrictas que tanto nenos como maiores acatamos.

Para desenrolar calquera actividade laboral hai que respetar unhas normas de seguridade e hixiene.
Para ver unha película nunha sala de cine hai que ocupar a butaca que nos corresponde e gardar silencio mentres dura a proxección.

Cada vez que vemos a alguén coñecido pola rúa, saudámolo con moita amabilidade.
En fin… que calquera actividade pública que fagamos está rexida por unhas normas básicas que todos debemos cumprir se non queremos expoñernos a quedar como mal educados ou a face-lo ridículo.

De portas adentro somos –por norma xeral- máis, moito máis tolerantes.

-Toleramos que os nenos –e non tan nenos- coman coa boca aberta ou que falen mentres comen.

-Toleramos pasar polo medio das persoas sen máis nin máis; “como Perico por su casa” como reza o dito castelán.

-Toleramos pedir as cousas en tono máis ou menos imperativo, como se a outra persoa tivera esa obriga con nós, como se fora a nosa escrava.

-Toleramos que un neno lle conteste de malas meneiras ós avós. (Total, como eles non están ó día…)

-Toleramos que unha persoa maior estea de pé mentres o neno está comodamente sentado cando non hai asentos suficientes para todos.

-Toleramos, toleramos, toleramos….(como todo queda na casa…, como hai confianza…)

Parece mentira, pero é ben certo: abusamos máis das persoas que máis queremos, das persoas ás que máis lles debemos; de tal xeito que imos medrando nese ambiente un día si, outro tamén…
¿Onde están os límites?
¿Onde queda o respeto?
¿Onde quedan as normas básicas de convivencia entre os diferentes membros dunha familia?
¿Somos realmente conscientes de que toda persoa merece o seu respeto e ten o seu lugar no seo familiar?
¿Nacemos todos o mesmo día?
¿Non debe ser a idade un grao?
¿Non é a maternidade/paternidade o maior dos títulos?
¿Pode ser un fillo igual que un pai ou un neto igual que un avó?

Iguais en dignidade si, -penso eu-, pero entre uns e outros debe haber unha diferenza igual que ocorre na escala xerárquica social de portas a fóra.

Do mesmo xeito que nos saltamos esas pequenas normas de convivencia no seo familiar sen decatármonos que transgredimos os dereitos dos outros; tamén nos pasamos a outros niveis.

Por exemplo:
-Cando se integra un novo membro na familia.
-Cando nace un matrimonio ou unidade familiar doutros tipos.
-Cando un membro da familia se emancipa.
-Cando os avós se fan maiores.
Etc, etc…

De tal xeito que:

-O novo membro que se integra na familia, descobre que non se sente respetado porque se saltan os límites que todos precisamos: algo así como unha aureola que nos envolve e nos protexe dos outros.

-O novo matrimonio –que xa ten máis que suficiente con formar o seu novo niño- observa como hai persoas que queren ir de celestinas e inestabiliazan cando non rompen o matrimonio.

-O novo membro emancipado: emancipouse porque precisaba sentirse el mesmo, realizarse como persoa á súa maneira, ser autónomo e dono dos seus actos, etc, etc…e séntese como un neno pequeno ó que os seus proxenitores seguen “gobernando”

-Os avós que sen saber moi ben como se fixeron maiores e precisan axuda…
¿Qué pode ocorrer se antes se meteron onde non os chamaban?
Que se sentirán aillados cando máis o precisaban.

En fin… Que xa din alí que as convivencias son moi complicadas, pero moitas veces complicámolas nós mesmos por non saber gardar unhas normas básicas, tan básicas como saber que cada persoa ten a súa vida e deber te-la suficiente liberdade como para rexila por si mesmo tanto se acerta, como se erra.

Nos mundos que corremos, danse moitos cambios totalmente inesperados nesta sociedade tan acelerada.

Certo que os maiores temos experiencias que a xuventude non ten e parécenos que somos os donos do mundo.
Nada máis lonxe.

Non somos donos, somos tan só transeúntes que pasamos pola vida nun “plis-pas”.
A xuventude tamén ten as súas experiencias das que moito poderíamos aprender os maiores.

Hoxe máis que nunca debemos vivir para ver e estar sempre aprendendo.

“VIVIR PARA VER”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo moito que deixa feito a prol do respeto entre as persoas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES