Son vísperas de nada
Editorial - viernes, 19 de enero de 2007
Hai menos de cen horas mencionábamos a posibilidade de que fora dia de todo aquel no que se reunían os representantes das tres forzas políticas máis importantes de Galicia para falar do Estatuto. Tendo en conta, claro está, que como di o Refraneiro- podían perfectamente ser vísperas de nada se a conversa non resultaba fructífera.
Todo resultou ser víspera de nada porque non houbo consenso no punto de partida que é o recoñecemento de Galicia como entidade que nos acolle cunha determinada consideración que todos somos conscientes non pode ser inferior a calquera outra do estado español por moi desenvolvido que teña o seu rexime autonómico.
E agora, ¿qué?. Pois nada, mans á obra e a traballar.
Para os galegos, o Estatuto non é algo que teña a urxencia do inmediato sempre que non signifique que outras comunidades nos toman a dianteira e os que cheguemos despois teñamos acceso a menores beneficios que os primeiros.
Se ese non é o medo, adiante toda a navegar polo mar diario do traballo e da aventura, que o tema pode madurar, Galicia esixilo, e os representantes políticos ser conscientes de que hai que chegar a conclusións que non repugnen a ninguén e contenten á maior parte posible dos galegos.
Foron e son vísperas de nada, pero sólo referente ó progreso estatutario. Para todo o demáis, para todo, é tempo de falar, de razonar e de traballar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora