Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carraxe ante a sangría educativa

lunes, 19 de septiembre de 2016
Carraxe ante a sangra educativa Empezaron os colexios e moitos pais choutaron de alegría ante a liberación dos fillos(hai que recoñecer que os rapaces atan moito) Empezaron os colexios e moitos pais claman contra as leis educativas e contra os que implantaron esas leis educativas, e dóense ante a hemorraxia económica, e senten carraxe ante a sangría educativa. Non é para menos. Cito: a volta ó cole en Galicia supera os 400 euros por alumno. E os que temos dous? Ou máis? Alguén pensará que 800 euros para todo un curso tampouco é para tanto. Pero eses 800 euros hainos que soltar ó contado. E se o soldo é de pouco máis de 1000, a ver, que, como queda o asunto?, como vos queda o bico? Doce seguro que non! A Constitución di que a educación é gratuíta. Quen o di? A Constitución. E que é iso? Non hai un só artigo que se respecte dese libriño mentirán.

A maiores de todo iso, atopámonos con outra normativa á que se lle deu a volta como a unha tortilla: a de que os libros servirían polo menos durante catro anos. Mentira! Outra mentira política máis! Hai cursos nos que os libros non valen dun ano para outro. É máis, aquel alumno que repetira en algún deses cursos, zas, a mercar outros libros! A ver, enténdese entón que, ás veces, desexemos que estouren bombas neses lugares nos que estamos pensando. Como vou respectar a estes Gobernos que nos mandan se eles mesmos non respectan ó cidadán, á Constitución que votou o cidadán. Soldos pequenos. Educación carísima. Agricultura fundida. E de parviños, de pombos imos e votámolos. O de tropezar dúas veces na mesma pedra vai moito máis alá dese atranco, dese golpe: tirámonos ós toxos e lambemos o noso sangue. Así de pamemiños somos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES