Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O traballo de Traballo

miércoles, 17 de enero de 2007
Traballo é unha Consellería da Xunta de Galicia que ven de crear unha páxina de internet para dar conta do seu traballo, de xeito que os internautas poidan facer consultas en tempo real sobre os diversos indicadores do mercado de traballo.

Para esta acción, a Consellería non se fía da páxina oficial da Xunta de Galicia, onde está a propia Consellería de Traballo. Crea unha nova páxina en Internet.

Na presentación oficial desta páxina tomou parte, ademáis do Conselleiro de Traballo, o Director Xeral da Consellería que no seu momento lle dixo a Galicia Dixital que había tantas páxinas en Internet relativas ó mercado do traballo que xa non lles facían caso. Por eso crean unha máis. Para provocar inflación?.

Internet é un mundo no que é doado entrar, e por eso determinadas entidades queren estar presentes de primeira man, sen utilizar os cauces existentes.

O traballo de Traballo é traballar polo traballo. Se tantos medios hai en Internet non creen un máis. Utilicen a páxina da Xunta, e traballen a través dos que xa están traballando neste tema, que posiblemente sexan tan ben intencionados como os rectores da propia Consellería de Traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania