Semana de cine de Lugo
							Xiz, Xulio - lunes, 19 de septiembre de 2016
							  	E van 38, cada vez con máis dificultades, cada vez con mellores resultados cinematográficos. Do case milleiro de películas recibidas (curtas e longas) de 52 paises de todo o mundo, eliximos máis dun cento para exhibir na Semana, que se concretan en Homenaxes a Aspnais no seu primeiro cincuentenario, ao Gran Teatro na lembranza, á muller protagonista, a Dani de la Torre, Jorge Coira  e Luis Tosar. Terá un papel principal o cine galego, as películas realizadas por lucenses, o cine asturiano e a película de Luz Darriba (autora do cartel anunciador da Semana) Marcas na pel do papel.
	Cumprir anos é sempre unha responsabilidade. A nosa, ano a ano, foi a de conseguir experiencia e nivel mantendo a ilusión e a mocidade da intelixencia. Somos conscientes da responsabilidade in crescendo desta carreira interminable, entre dous séculos, cunha orientación bifronte Lugo e o Cine tentando sempre a máis alta confluencia entre os dous polos positivos que manexamos para os que non rexen as leis da enerxía    eléctrica xa que sendo positivos os dous atráense desde o comezo da nosa historia aventureira na sétima arte.
	Feliz Lugo de cine, feliz cine en Lugo, Feliz conxunción de Lugo e o cine. E que todos o vexamos.
(Xulio Xiz é Presidente de Fonmiñá Grupo organizador da Semana de Cine de Lugo)
							
							
Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora