Hecatombe
Xiz, Xulio - martes, 16 de enero de 2007
Estamos en campaña electoral, aínda que por agora non se note demasiado. A anterior, en tempo coma este, estaba en plena efervescencia, animada pola guerra de Iraq e o desastre do Prestige, que facía que as manifestacións interesadas cambiasen o seu itinerario e fixesen parada na rúa de San Marcos, onde o PP ten sede.
Nesta, cada quen anda marcando espazos, como propiedade que os demáis deben respectar, buscando acomodo para o futuro. As maquinarias electorais móvense, reclutando elementos novos, novas caras, tentando variar para que nada cambie.
E na esfera local, pretendendo facer esquecer. Uns, o desgaste interno. Outros, o que ocorre en Santiago, tentando marcar diferencias na presencia igualitaria dun bipartito onde tanto monta monta tanto. O previsible resultado é pura incógnita.
Xente que sabe desto, ten dito que o resultado das próximas municipais pode ser unha hecatombe. Se hecatombe, na cultura grecorromana, era o sacrificio de cen animais, a saber diante de que deus lles vai corresponder o sacrificio, quen vai oficiar a ceremonia, e de onde van proceder os cen sacrificados.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora