Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguirá sendo

jueves, 15 de septiembre de 2016
A verdade é que non teño un coñecemento exacto de cando empezou a vida humana no planeta terra.

Nin os científicos se poñen de acordo, porque cada día estánse descubrindo máis xecementos arqueolóxicos que aportan novos datos.

Pero o que si está demostrado é que o xénero humano sempre quixo perpetuarse e multiplicarse.
Unha xeración sucede á outra e así sucesivamente.

Na actualidade -cos logros relativos á lonxevidade- incluso chegan a convivir carto e nalgún caso cinco xeracións xuntas.

Polo tanto; estamos chamados a convivir varias xeracións da mesma rama biolóxica.
Nos tempos que corren, dunha xeración á outra alcázanze cambios moi notorios.

Xeralmente eses cambios son para mellorar; de feito nós temos unha calidade de vida mellor que os nosos avós e tamén mellor que a os nosos pais.
Deso podemos dar fe os que temos percorrida unha boa parte da vida.

Aínda así:
Moitas veces non entendemos a maneira de comportarse da xente nova e eles a nós tampouco nos comprenden porque entre unha e outra xeración prodúcese unha certa “ruptura”.

¿E bo establecer barreiras entre xeracións?
A min paréceme que non. Evolucionar progresivamente si, pero romper: non me parece axeitado.

Outra cousa é que a realidade nos diga que se dan moitos casos de relacións famiiares un tanto superfluas e distantes.

Eu comprendo que os maiores xa levamos moito aprendido, xa levamos as nosas forzas un tanto gastadas, xa levamos superado moitas dificultades de todo tipo; pero…
Aínda así, -se nos paramos a pensar un pouco-, conluímos que seguirá sendo necesario que intercambiemos experiencias para poder convivir en paz e harmonía varias xeracións enriquecéndonos mutuamente.
Afortunadamente, temos moito para compartir.

Os maiores podemos e debemos compartir as nosas experiencias pasadas para que os xoves observen a nosa evolución, para que que se animen a seguir loitando eles tamén para superarse a si mesmos e superármonos como colectivo social.

Nós -os maiores- podemos ofrecer os nosos valores de loita, privacións e sacrificios en aras do benestar actual.

Os xoves poden compartir con nós o mundo da tecnoloxía, porque eles xa naceron con esas cousas nas mans, e poden contaxiarnos a súa ilusión e alegría de vivir que é para nós un gran regalo e un gran aliciente.
De feito oio a moitos avós dicir: “os netiños danme vida”.

O feito de que circulemos a dúas velocidades distintas, non significa que non poidamos compartir moitas cousas.

Temos moito en común: o propio ciclo da vida.

Os maiores fomos nenos e os nenos serán maiores se todo vai ben.
Noutros tempos eles dependeron directamente de nós e un día máis ou menos próximo nós dependeremos deles. Esa é unha constante en tódalas xeracións.
Non podemos esquecelo.

Neste sentido temos que ser conscientes que todos dependemos de todos.
Ultimamente veño observando certo distanciamento entre xeracións: eso é preocupante nunha sociedade que se considere madura.

Por unha banda está a xuventude que é moi normal que se labre o seu futuro, que forme unha familia, que suba os seus pupilos…Nese campo, os maiores non podemos interferir.

Unha nova familia ten abondo con organizarse como comunidade familiar.

A nosa intervención podería dificulta-las cousas en moitos casos.

Cada persoa ten a súa vida e o seu dereito a vivila como mellor lle pareza, tanto se ós maiores nos gusta, como se non.
É a súa vida. É o seu proceso vital.
Por outra banda está o colectivo de xubilados que lle toca disfrutar dos beneficios propios despois de deixar moitos anos cotizados para poder disfrutar dunha xubilación digna cando as forzas van decaendo…

A persoa maior tamén ten a súa vida e todo o dereito á súa liberdade para organizarse como mellor lle pareza según as súa autonomía e circunstancias persoais.

Pero,ó meu humilde parecer, nin uns nin outros –novos ou maiores- poden desentenderse mutuamente.

Na medida das súas posibilidades os avós deben axudar a subi-los netiños, colaborando deste xeito á economía dos novos e creando vínculos de relacións familiares axeitadas.

Eso si, tamén necesitan un tempo para eles, non se trata dunha dedicación exclusiva nin moito menos.

Digamos que podería ser unha axuda en momentos puntuais e a tempo parcial
Pero, se a familia –podendo- non se axuda axuda mutuamente….

Hai quen lles chama “avós gardeiría ou canguros”, pero non se trata de nada deso: os vínculos de sangue teñen un valor incalculable.

Do mesmo xeito, os novos das mellores familias coidan dos seus maiores, turnándose, compaxinando a vida laboral coa familiar… o mellor que se pode.

Eso tamén o veño observando e disfruto vendo o amor co que é tratada a ancianidade.

¡Canta diferencia hai entre este trato familiar e o dos coidados por conta allea!
Os cartos poden favorecer os coidados, pero non dan cariño.

O cariño é tan necesario como os coidados certamente ditos.
Por eso seguirá sendo necesaria a boa relación interxeracional; eso si: gardando unhas normas básicas que todos debemos aprender no día a día.

GARDANDO UNHAS NORMAS BÁSICAS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES