Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Pobre Galiza!

martes, 16 de enero de 2007
¡Que non Galicia pobre! Obxectivamente, Galiza é un país rico de seu. Sen apelar ao resorte poético dos dez mil ríos e rías (cobizosas Baixas e Altas) das chairas e serras, dos tres mil castros, símbolo tamén da súa rica historia. Sí, rica en calidade humana.
Galiza, segue a padecer atrancos e agresións, emendables. ¡Cuestión de política social! Abonda con repasar a prensa da pasada semana. Algo que tiña denunciado Cáritas. Que hai dúas Galizas, moi distantes e diferenciadas: A rica e industrializada do eixo atlántico (Ferrol/Tui) e a pobre do interior (Ourense/Lugo). Por moito que os políticos traten de disimular. O informe da Caixa certifica que ”a renda e a desigualdade entre ricos e pobres” está a medrar. Os datos falan de 130.000 familias (400.000 persoas) con menos de mil euros ao mes. (2 de 10, no rural). O 17% do rural (Pontevedra, Ourense e Lugo) ao límite da pobreza. Nas setes cidades chega ao 12%. A desigualdade e desequilibrios están a progresar. Máis novos ricos, multiplicación dos pobres. Algo haberá que facer para “equilibrar” e para que non desapareza o rural. A Galiza empobrecida non é un fenómeno casual: ¡hai causas concretas que se deben endereitar, corrixir, eliminar!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES