Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 13 de septiembre de 2016
Así pasaron a tarde

Pingas de orballoClotilde Araújo díxolle ó seu home que pola tarde tiña que ir ó centro da cidade, que se a acompañaría ou non? E logo a que vas?, quixo saber Salustiano Garapato. Ó médico. Ai, muller, pois claro que te acompaño, pero aínda hai tempo para botar unha sesta, verdade? Si oh; se ata as sete menos cuarto non teño a cita. E Clotilde Araújo marchou a estomballarse no sofá para ver a Telecinco, mentres que Salustiano Garapato fun correndiño para a cama a dar unhas cabezadas. Á cidade marcharon no autobús porque no coche empezaron a pensar no aparcamento e deulles pereza o andar buscando, e se o tiñan que meter nun aparcadoiro... vaiche boa!, sae moito máis barato o autobús. Colleron o das seis, baixo un sol de moitos raios. Mais tan axiña como entraron no bus, raio!, daba gusto: o aire acondicionado a tope. Como lles sobraba tempo para a cita médica, foron moi devagariño, é dicir, Clotilde Araújo ollando escaparate tras escaparate e Salustiano Garapato desesperándose en cada escaparate. Aínda tiveron un bo cacho para sentar nunha praza da cidade, a que lindaba co lugar da consulta. A tal consulta semella que foi vento en popa, xa que axiña baixaron á rúa de novo. E como tampouco tiñan moita présa, fixeron a metade do percorrido andando polas vellas rúas da cidade. Despois si, despois xa colleron de novo o autobús para trasladarse ó seu barrio, que está ás aforas. Así pasaron a tarde Clotilde e Salustiano.

Saír de cando en vez

Pingas de orballoDicimos moitas veces que non é necesario saír de Galicia para ver cousas bonitas. É certo. Pero tampouco está de máis saír de cando en vez. Pois segundo en Galicia hai cousas bonitas, nos demais lugares acontece máis ou menos o mesmo. Así, sen parar mentes, e turisticamente falando, destaco o Mosteiro de Pedra en Zaragoza, o Canón do Río Lobos en Soria, as covas de Nerja en Málaga, Madrid en xeral, Mérida, o casco vello de Cáceres, Toledo, Salamanca, toda Galicia (faltaría máis!) e a ruta do Cares entre León e Asturias. Pero este domingo pasado collín o coche durante tres horas e media longas para cruzar o desfiladeiro de Vegacervera e furgar nas profundidades da Cova de Valporquero, en León. Que queredes que vos diga?... ante esta cova que se quiten todas as liñas que escribín anteriormente, incluso sentíndoo por Galicia e Toledo e Salamanca e o meu Madrid querido. Sobre o desfiladeiro xa tería que percorrer de novo o dos Beyos, en Asturias, para optar polo de Vegacervera ou por este. Pero sobre a Cova de Valporquero... nin punto de comparación. Inmensa. Grandiosa. Impresionante. Fermosa. Dous quilómetros e medio de percorrido con diversas salas a cal máis fermosa, destacando, iso si, a sala Marabillas. Entendo perfectamente por que leva ese nome. Aínda que como mellor podo resumir esta visita turística é dicindo que os meus rapaces non son moi así de saír a ver mundo, e, non obstante, quedaron con ganas de volver, cando o río Torío leve moita máis auga. Queda dito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES