Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recital. Homenaxe a Manuel María e Diaz Castro

martes, 13 de septiembre de 2016
O proximo sábado 17 de setembro ás 20:00 horas na igrexa dos Vilares (Guitiriz) terá lugar a segunda xornada de homenaxe aos poetas chairegos Manuel María e Díaz Castro organizadas poma Asociación Sociocultural Lareira de soños e a NPG Nova Poesía Guitirica. Desta volta teremos un recital poético musical no que participarán @s poetas da NPG Pas Veres, Xelo Teijido, Adriana Quijada, Jaki Quintela, Mar Beres, Judiña de Lea, Fátima Fernández e Luz Campello. Tamén estarán o poeta vilalbés Martiño Maseda e o gañador do I Premio Diaz Castro de poesía, Raúl Gómez Pato. Na parte musical, a cantautora e mestra de música do IES Díaz Castro, Sandra Tenreiro deleitaranos con temas dos poetas e do seu novo disco. O acto será presentado por Alfonso Blanco Torrado e estarán á venda libros dos poetas. Na primeira xornada celebrada o pasado dia 10, abordamos a relación persoal e literaria de ambos poetas desde o coñecemento persoal e profesional de tres especialistas, Raúl Río, Armando Requeixo e Mercedes Queixas, así como a proxección de imaxes ineditas de ambos facilitadas por Raúl Río e Xermolos. Recital. Homenaxe a Manuel María e Diaz CastroRecital. Homenaxe a Manuel María e Diaz Castro
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES