Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con elas foise o verán

lunes, 12 de septiembre de 2016
Aínda non remataron as eleccións xerais (imaxino que ata o Nadal xa nada) e xa estamos con outras encima: as nosas. Non, non; sigo coa idea de non escribir sobre elas nin sobre política. Para non cabrearme, claro. Sobre os incendios, que dicir? É certo que o máximo culpable é sempre o propio pirómano, pero este, se non tivera qué queimar, é dicir, se todo estivese limpo... os incendios nunca se iniciaron polas copas das árbores. Sobre o descarrilamento do tren en Porriño, pésame para as familias e pregar que non volva suceder. Aquí quería chegar!; ó de pregar. Porque pregar pregamos a maioría dos da contorna de Baños de Molgas nas novenas á honra da Virxe dos Milagres. Alá foron xa. E con elas foise o verán.

Mirade, pode arder o mundo coa calor durante uns cantos días máis, que desde o momento en que rematan as novenas xa chegou o inverno, ou sexa, que quedamos os de sempre, é dicir, os do inverno. Nesta contorna as novenas marcan a división entre unha estacón e a outra. Só fun tres días a elas, dos cales ós dous máis importantes: Rosario das Antorchas e O Día 8. Por certo, este día, os que somos de por aquí, ninguén di que é a Natividade da Virxe María. Para nós foi, é e será sempre O Día 8.

Ó Rosario das Antorchas fun algo máis cedo que outros anos, e sendo como era mércores, imaxinaba que non tería problemas de aparcamento na propia estrada. Mais tan axiña como desemboquei da de Baños de Molgas vin que errara abondo. Ata alí chegaban os coches! Menos mal que agora temos o que eu lle chamo O Lameiro. Moita xente. E iso que non houbo fogos de artificio (por perigo de incendio), e o rosario sen os fogos artificiais non é o mesmo Rosario das Antorchas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania