Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Días de todo

martes, 16 de enero de 2007
Quixeramos que o refrán non se cumprise. Quixeramos que hoxe, dezaseis de xaneiro, día de todo, no que todo aínda pode ser posible, non fose “víspera de nada”. Que mañá, 17 de xaneiro, sexa un día grande, se os representantes dos tres grandes partidos galegos falan entre si con sentidiño.

Porque o certo é que calquera persoa que se dedique á política debe ter unha mínima formación e capacidade de diálogo, de xeito que falando se entenda cos demáis. Só lles pedimos eso.

Feijóo, Touriño e Quintana van falar do Estatuto, ese parto difícil de hai un cuarto de século ó que agora queren facerlle a cirurxía estética por estimar que hai que fermosealo para que nos valla, se acaso, ata mediados de século que tampouco é tanto pedir. Agardemos que o férvelle-férvelle que impera na nosa política permita dar a luz con ben un novo texto que valla para todos.

Se Feijoo considera que Galicia non debe ter complexo de inferioridade, Quintana entende que non hai distancias insalvables e ten un plan B, e Touriño aboga pola boa vontade, non debe haber problema ningún para que se poñan de acordo.

Hoxe é día de todo. Mañá, pode selo tamén
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania