Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incompetencia manifestante

lunes, 15 de enero de 2007
Ás veces as persoas que non andan na política partidista senten vergoña, furia, e desexos de varrer o escenario.

O do sábado foi sangrante. O PP non pode estar alleo a unha manifestación contra o terrorismo, pola paz e pola liberdade. Máis, cando este último aspecto -a liberdade- foi engadido a petición deste grupo político. Mal o PP.

Pero mal tamén o Psoe cando utiliza a palabra para a agresión, para a descalificación, para abrir barreiras onde se algunha fenda houbo tiña que estar pechada como con soldadura autóxena.

Outra cousa é saber se os políticos deben manifestarse. Se un goberno constituído que ten na man o mecanismo de facer que o país funcione, o Boe ou o Dog, ten que proclamar na rúa a súa inanidade.

Porque a manifestación dun político que goberna, que nos representa, equivale a recoñecer que a función de goberno ou non a exerce ou non funciona.

Se eso é así, que se quiten de diante, que para manifestarse vale calquera.

O dito: vergoña e furia contra a incompetencia manifestante. Que gobernen, xa que precisamos sentirnos seriamente gobernados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES