Uned Senior rural
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 06 de septiembre de 2016
O período de formación universitaria para maiores de 50 anos comeza desde 1 de setembro, para os que queiran formar parte da UNED Sénior que puxo en marcha o Consello de Anciáns de Xestoso e Momán e que abriu xa o seu período de matrícula. Aqueles que queiran formalizar a súa pertenza a este programa educativo poderano facer ata a segunda semana de outubro.
Esta VIII edición da UNED Sénior conta coa colaboración de seis concellos das comarcas do Eume (Paderne, Monfero e Aranga) e Terra Chá (Guitiriz, Xermade ) e RIANXO e LOUSAME e ofertará un total de 6 materias. Así, aqueles que formen parte do curso 2016/2017 poderán estudar, dentro do Bloque I, asignaturas como A actividade física e a súa incidencia na saúde e a Prevención de ricos na vida cotiá. No Bloque II haberá Cursos Instrumentais, Informática 1 e 2 e Novas tecnoloxías; mentres que no terceiro Bloque, tratarase Cultura Xeral e Divulgación Científica, así como Tertulias Literarias e música.e Introducción a Historia do Arte.
Desde este organismo informouse de que as clases comezarán a impartirse o próximo mes de outubro e prolongaranse ata xuño de 2017 O acto de inauguración do curso terá lugar no Concello de LOUSAME
Formalización nas distintas sedes ou Concellos .
Os pagos das matriculacións realizaranse a través do coordinador da actividade, neste caso Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen centralizará logo o seu ingreso na conta habilitada ao efecto do Centro Asociado da UNED en A Coruña. Así mesmo, gracias ás as vantaxes de ser alumnos terán descontos especiais no prezo de matrícula por ter esta consideración.
Clases presenciais e actividades lúdicas
A especial metodoloxía que se emprega nesta formación permite unha combinación de clases presenciais con actividades prácticas e lúdicas, como as saídas a distintos museos e outras actividades. Ademais, a introdución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) aportarán unha maior flexibilidade ao alumno.
Dous cuadrimestres
Ao igual que o curso académico universitario, o Programa UNED Sénior estrutúrase en dous cuadrimestres para os que se abrirá senllos períodos de matrícula, o primeiro ata a segunda semana de Outubro, e ata principios de febreiro para o segundo.
Guías didácticas e recursos audiovisuais
Os alumnos Sénior disporán de diverso material en forma de TIC, como poden ser as Guías Didácticas, así como diversos recursos audiovisuais de cada unha das súas materias. O obxectivo é que poidan actuar de xeito autodidacta, e continuar a súa aprendizaxe por si mesmos.
Outras das vantaxes das que gozarán os estudantes será o acceso aos servizos do Centro Asociado da UNED en A Coruña, que conta de correo electrónico persoal e carné universitario. Ao finalizar o curso, faráselle entregará a cada alumno dun certificado de participación e o Diploma Sénior Superior se se superan os 30 créditos dos que consta o programa. Superados os créditos os alumnos poderán realizar un traballo para obter o Titulo Sénior Superior.
"Aqueles maiores de 50 anos que queiran ter unha formación universitaria, poderano facer a través do novo curso que a UNED Sénior da Coruña está a proxectar para o vindeiro outono. O período de inscrición segue aínda vixente ata que rematen as prazas e o comezo das clases previsto para outubro. Un total de 280 alumnos acudiron o ano pasado (320 matriculación das asignaturas) ás clases, e se espera que o número de participantes para o curso 2016/2017 se manteña ou aumente.
Os que queiran acceder ao curso 2016/2017, o oitavo deste centro, non teñen que cumprir requisito algún en forma de niveles educativos, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan.
As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida cotiá, a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo doutor Marcelino Mosquera; Patrimonio Histórico e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informática, por Anton , nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; Música por o mestre e director de Orquestra, Fran Garcia; Canto e Ximnasia tráves da Música por A.T.S. Silvia Cerame.
Cada unha das materias ten 30 horas lectivas. Para poder formalizar a matrícula pode acudirse directamente ao Centro Asociado na Coruña, aos delegados de zona.
(Luis A. Rodríguez Patiño é Coordinador UNED Sénior A Coruña)

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora