Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nunca criticariamos o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes

lunes, 05 de septiembre de 2016
O título é un subtítulo que saíu nos papeis días atrás. E un indicador de mentalidade de acción política. Naturalmente, na nova de hoxe as palabras son atribuídas e hai cores políticas e actuacións concretas polo medio, nun lugar determinado, mais prefiro deixalo así: coido que é abondo máis explicativo.

Viaxes, dietas... ou calquera outro emolumento outorgado (autooutorgado) ten o plácet en función da consecución de cartos para esa facción de sociedade concreta. Non importa a xustiza ou a solidariedade. Non importa a cohesión entre concellos (nin a outro nivel), o que contan son os resultados medibles en cartos sacados do común para o 'noso'. E claro, aí xa se dispón dunha vara de medir elástica: un nivel de consecución a uns pareceralles pouco e a outros moito, porque o que xa está conseguido é a consideración do resultado como moeda e que haxa un grupo beneficiario a quen se pertenza ou non (o resto, non conta).

Que logo queda abandonado o que se consegue? Non importa, tentamos conseguir máis, que o que conta é ganar moito.

Non é a primeira vez que oio esa cantinela. A primeira vez que me decatei dela o contador de séculos aínda non dera a volta. Daquela considerei que a mesma idea era un foco de corrupción: se o que se procura é conseguir cartos, e para iso empréganse cartos, por que non mercar directamente as vontades? O rendemento sería maior. Só despois funme dando conta de que iso é só o límite, mais antes de chegar aí prodúcese un cambio na consideración do común e das persoas e grupos: para ter o sentimento de poder comprar unha persoa, antes a persoa convértese en algo máis comprable, deshumanízase.

Tamén me decatei de que a gangrena esténdese non só nun sentido. Porque, imos ver, que diferenza hai entre mercar a vontade de alguén para conseguir cartos ou mercar a vontade de alguén para o voto, que supón cartos (si, tamén, xunto co poder) para un grupo? Ou de mercar para conseguir algo para unha parte pequena da sociedade a mercar para conseguir para o propio grupo social, ou para un mesmo?

A primeira vez escoiteino, non o lin na prensa. Agora sae nos papeis e a bo seguro que moita xente dirá (ou dirase) algo así como 'claro, se a inversión sae a conto...'
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania