Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Fiscalía

jueves, 11 de enero de 2007
Agora que de vello me veñen á memoria as lembranzas da nenez, recordo o terror que nos comercios da vilalbesa Porta de Cima despertaba a Fiscalía.

Debía ter competencia en tódolos aspectos posibles: desde os horarios de apertura ós precios, pasando polo peso dos produtos. O caso é que de casa en casa circulaba a nova tremenda que non sei ben por que nos afectaba ós clientes do mesmo xeito que ós proveedores.

Andando o tempo soubemos que aqueles temidos seres que conformaban conxuntamente a terrorífica denominación para nós extraña, eran funcionarios da Fiscalía de Taxas que, medio século despois, coido corresponderían ós actuais inspectores de consumo que aínda que desperten inquedanza nos seus inspeccionados queda moi lonxe daquel terror de outrora.

Da Fiscalía, logo, soubemos polas películas americanas. O fiscal acusa, oponse o defensor. E dos dous ten razón, e gaña, a personaxe representada polo actor máis coñecido.

E chegamos á actualidade. ¿Quen teme á Fiscalía feroz?. Nas dúas anteriores etapas, xa sabemos quen. Nesta última, veremos. ¡Ben vido, Sr. Fiscal, e acertos no seu labor!
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania