Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avanzando cara atrás con toda firmeza

jueves, 11 de enero de 2007
A educación en Galicia, coa poboación rural en regresión, case pode facerse á carta, en colexios previstos para o doble dos rapaces existentes e cun profesorado que podería atender comodamente a unha cifra ben maior de estudiantes.

Os elementos ó dispor de profesores e alumnos teñen evolucionado en gran medida, e ahí están os medios de comunicación tradicionais e Internet como fonte inesgotable de coñecemento e subministrador de datos.

E, sen embargo, os fríos resultados procedentes dunha enquisa educativa son clarificadores, radicando a frialdade na tradución a números e niveis a realidade educativa que se así é resulta triste despois de tanto esforzo e tanta preocupación pola mocidade.

Chéganos unha información elaborada pola revista Maxisterio, según a que, por primeira vez nos últimos cen anos, os rapaces españois entre 20 e 24 anos, teñen menos nivel educativo que a poboación entre 25 e 34 anos. Ou sexa, que no aspecto educativo, avanzamos firmemente cara atrás.

Os pais temos deixado na man dos profesionais a educación, regulada pola Logse -O estudio culpa a esta norma-, encaixada en plans que hai que cumprir ó pé da petra, e de repente a sorpresa do resultado.

Que está moi claro que se está a facer un gran esforzo na educación dos nosos rapaces. Haberá que revisar que é o que non se fai ben, aquilatar resultados, e reorientar o sistema para avanzar na dirección axeitada e non marcha atrás
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania