Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festa de resiliencia

miércoles, 31 de agosto de 2016
Comezan os Xogos Paralímpicos de Río e de novo prometen ser un exemplo de superación persoal e colectiva. Só ver o anuncio un dáse conta de que vai ser unha exhibición de ilímites e superación persoal en toda regra. Trátase de persoas que viron no deporte o seu xeito de autorealización e legado, consagrando a súa existencia a unha loita polo éxito.

Ben sei que esta vocación de sacrificio e persistencia é compartida por todos os deportistas, por iso a pesares de non ser moi fan do deporte, confésome admirador da constancia, do esforzo e tenacidade das persoas que desenvolven unha carreira deportiva. As olimpíadas serviron para admirar e coñecer moitos deportes dos que durante catro anos non volveremos a saber xa que por desgraza o fútbol e outros deportes maioritarios acaparan toda a atención dos medios.
Particularmente gustoume ver aos deportistas das diversas especialidades de natación e ximnasia por iso intentarei seguilos dalgún xeito.

Para os Paralímpicos desexo que teñan a mesma cobertura dos medios de comunicación que os nosos olímpicos. Teño que confesar que fiquei abraiado co anuncio que fixeron para a súa promoción, que é unha explosión de música e ledicia que oxalá se desborde definitivamente nun mar de medallas. En todo caso valorar ilímites e o xeito co que o deporte remonta a adversidade supón unha auténtica lección de loita.
Esta lección ten que ser colectiva xa que convén saber que todos podemos dende os nosos ilímites construír porvir, éxito e ledicias para compartilas coa nosa sociedade.

Que a chama da resiliencia non se apague coa paralímpica e nos dea azos, forzas, ideas e mans amigas para tecer porvires persoais que agromen nunha diversidade colectiva que debuxe e materialice unha sociedade de benestar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES