Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asemellan ás carpideiras

miércoles, 10 de enero de 2007
O tremendo estoupido do día 30 de decembro no aeroporto de Barajas pola banda terrorista ETA sendo por todos sabido que tivo unhas consecuencias humanas terribles, coa conseguinte traxedia de dous emigrantes ecuatorianos asasinados, Armando e Carlos que morreron lonxe do seu país natal. Cando estes suxeitos poñen unha bomba tan espantosa, nun lugar como ese, é que están tan tolos como os machos-cabríos que embostan sen ollar, están tan ofuscados co seu que todo o demais se lla rasca. Ante todo isto que fixeron as miñas neuronas se me poñen a cen por hora e o corpo enteiro comeza a alporizarse. Ao pasar os días ía paseniño acalmando.

Estamos a día 9 de xaneiro e o meu corpo comezou outra vez a alporizarse coas novas mediáticas que non son máis que carroñeiras e de comedia. Desde o primeiro político ata o último comentarista de radio e TV veñen exercendo de farsantes e finxindo como se estiveran aflixidos pola morte destes dous cidadáns da outra banda do Atlántico, que no seu tempo elixiran vivir entre nós.

¿Qué carallo pensan estes políticos e “tertulianos dos garbanzos”? Que somos paspáns, que aínda andamos coa chupeta. Pensan que podo crerme que estes dous pobres infelices merecen moito máis bágoas de cocodrilo que os que morren a diario nos caiucos e pateiras no estreito, marroquís, nixerianos, etc... Toda esa parafernalia política é tan hipócrita e interesada que da moito noxo, asemellan ás carpideiras do meu pobo, fagan todo o que teñan que facer e moito máis por eses infelices e as súas familias e garden un pouquiño de silencio, soamente por respecto

Aos asasinos lles digo que eu non esquezo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES