Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas Así

jueves, 25 de agosto de 2016
Se miramos o mundo por encima, parécenos que camiñamos sen rumbo; pero se o miramos en profundidade, dámonos conta de que hai persoas con moito, moitísimo xuizo.

Persoas de tódals idades –que grazas a unha boa formación- camiñan con moita sensatez pola vida aínda que –na maioría dos casos- van caladiñamente.

Sáltanos á vista un neno que chilla, que lle fala con altanería ós seus proxenitores, que protesta por calquera cousa…

Nunha palabra: nenos que non os educaron ou que os educaron mal.

Outros nenos nunca se oen chillar, tampouco lles faltan ó respeto ós seus proxenitores, non protestan porque están convencidos de que o que convén facer en cada momento, hai que facelo sen rechistar, que piden as cousas por favor, que dan as grazas, que comparten unha chuchería con persoas maiores...

Levan ben os estudios e aínda teñen algún “hoby” no que tamén destacan.

¿Por qué se portan así estes nenos?

¿Son nenos doutro mundo?

Pórtanse así porque naceron nunha familia cuns principios básicos que tiveron que respetar desde o día que viron a luz por primeira vez.

Bebés que choraron cando os poñían a dormir e eles non querían. Choraron desconsoladamente durante varios minutos…

Ós pais partíaselles o corazón, pero non cederon e conseguiron que o seu bebé se poña a durmir pola súa conta en canto o poñen na cama.

Esto vírono os meus ollos.

Quedeime abraiada e felicietei ós papás.

Xa me dixera eso mesmo un profesor de psicoloxía dos meus tempos universitarios. ¡Canta razón tiña!
Bebés que choraron a primeira vez que lles cortaron as unllas; pero tanto se choraban como se non; as unllas había que cortala e cortáronllas.

A segunda vez xa non choraron, nin chorarán nunca máis porque saben que non teñen outra alternativa posible.

Esto tamén o comprobei persoalmente.

Bebés que estando en brazos dun dos proxenitores, non querían ir co outro, pero tiveron que ir porque era o que tocaba.

O razoamento é o seguinte:
Se están ben no colo dun proxenitor, significa que se encontran ben de saúde; logo non teñen por que chorar no colo do outro.

Deben sentirse ben tanto cun proxenitor como co outro. Non poden facer diferenzas. Tan proxenitor é un como o outro.

¿Qué razón habería para facer diferenzas entre o papá ou a mamá, o avó ou a avoa?

Tamén presenciei un caso dunha neniña de seis anos que dirixíndose á súa avoa díxolle:
¿Dásme os lentes, por favor?

Aparentemente a pregunta é correcta, pero a avoa quixo mellorala, dicíndolle moi amablemente:
“Hai outra meneira más correcta de pedilos”

Acto seguido a nena reaccionou e dixo:
“Se podes… ¿acércasme os lentes, por favor?”

A avoa felicitouna dicíndolle: ¿Ves como queda moito mellor así?

A nena asentiu cun sorriso e a avoa con outro.

Logo, a avoa acercoulle os lentes e tiveron a festa en paz.

Eu, que estaba observando, pensei para min:
¡Canta pedagoxía sabe esta avoa!

Eso que nin estudiou pedagoxía nin nada parecido, pero según di ela: a vida é unha boa escola se queres aprender.

Eu aprendín unhaboa lección aquel día.

Cousas tan sencillas como a vida mesma.

Nin siquiera fai falta ter estudios para educar como é debido.

Unha cousa está ben clara:
¡Hai que empezar desde o principio!

Non se poden consentir malos hábitos pensando que son moi pequeniños, que xa aprenderán cando sexan maiores.

Non, non. Eso é un erro que pode ter consecuencias pouco ou nada desexables.

O cariño e o mimo son unha cousa, pero o consentilos, é outra ben diferente.

Cariño e mimo hai que darlles canto máis se poida; pero consentir que fagan o que non corresponde; eso nunca debería permitirse. (E permítese con certa frecuencia, desafortunadamente).

Moitas persoas confunden o cariño co consentimento e permiten o que nunca deberán permitir.

Logo pregúntanse.
¿Por qué terán tanto vicio os rapaces de hoxe en día?
¿Por que non hai quen faga bo deles?

Ben, pois… nenos ben educados, están no noso entorno. Pertencen a familias que saben educar en valores, porque a elas taamén as educaron así.

Son nenos deste mundo que andan polo medio dos outros, que xogan igual que todos, que se divirten igual que todos, que gozan da vida igual, ou máis, que todos.

¿Onde está entonces a diferenza?
A diferenza está en que van preparados para ir pola vida, como sedebe,como Deus manda.

Son nenos moi felices e as súas familia tamén.

Eses nenos xa levan moito gañado para ir pola vida con éxito.

Van atopar moitas portas abertas porque van educados para ir pola vida respetando e facéndose respetar.

Tiveron a sorte de criarse en familias que souberon educalos.

Foi o mellor que lles puido pasar.

“O MELLOR QUE NOS PODE PASAR”

Ese será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por ter en consideración as normas de boa educación e por lerme nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES