Na procesión e repicando
Editorial - miércoles, 10 de enero de 2007
Ismael Rego parece perder os papeis cando acusa ós seus compañeiros de viaxe do Bng de facer oposición pola mañá e goberno pola tarde. Non di nada sobre o que ocorre de noite, pero a fin de contas, como no conto da ratiña, o traballo nocturno ven ser o de comer e durmir e ahí non se dan diferencias.
Ismael Rego non se da conta do difícil que é o traballo do Bng, como moi ben puido comprobarse no Concello de Lugo. Os do Bloque traballaron como galeotes, desempeñando de xeito brillante as tarefas que se lles encomendaron, e ó final foi Orozco o que sen mollarse colleitu tódolos beneficios posibles a xeito de maioría absoluta.
¡Que pode pasar o mesmo en Santiago!, e os galegos entender que quen goberna é o PSOE cos apoios e servidumes dos que teña necesidade. Porque ó común dos galegos non nos chega a guerra interna de poder que hai na Xunta para ver quen asoma máis a cabeza.
O de marcar territorio fano tódalas especies, cada quen coas armas que a natureza lle proporciona. E o Bng como non deixe claro que é diferente da parte contratante da primeira parte corre o perigo de ser identificado coa mesma parte.
Que por outra banda, é propio do político o desexo de procesionar e á vez cantar as loubanzas da procesión ou repicar a campá para que se note.
Ismael estase curando en saúde. Pero os do Bng, que non lle van á zaga, atenden espabilados a todo o que se move, e cabe supor que non os van coller de incautos cando coas calendas de maio haxa que aproveitarse do ben feito e distanciarse dos fracasos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora