Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba: Académica palanca

miércoles, 24 de agosto de 2016
As xentes de radio, ao sabernos que os materiais cos que se constrúen as nosas mensaxes máxicas son a palabra e a música, adoitamos contemplar o mundo co prisma da canción, entendendo que calquera cuestión nos afecte ten a canción que dalgún xeito a reflicta.

Por iso, cando dei en pensar na xuntanza anual dos exacadémicos vilalbeses que hoxe se celebra, veume á mente o nome dun grupo musical – Académica Palanca- para a través del poder subliñar aínda que fose de pasada o que significou para a Vilalba de mediados do século XX a Academia Santa María.

Investigando a temática das cancións desta “Académica”, entendín que non había a menor posibilidade de relación directa, tendo en conta que este trío se dedicaba á canción de sátira social, tomou o seu nome duns versos de Miguel de Unamuno, que proclaman "Salamanca, Salamanca, renaciente maravilla, académica palanca de mi visión de Castilla".

Iso era o que eu buscaba: unha académica palanca para mover o mundo. Se xa Arquímedes dixo “dádeme un punto de apoio (unha palanca), e moverei o mundo”, e Salamanca utilizou esa académica palanca para atopar un lugar de primeira orden na cultura mundial, Vilalba atopou unha “académica palanca” propia, que diante da carencia de institucións que hoxe posúe calquera capital do concello se erixiu – por iniciativa dun grupo de profesores- nunha institución para a formación de numerosos rapaces e rapazas que formamos unha xeneración “ponte” entre os tempos escuros e estos de agora nos que a educación é unha porta aberta ao mundo e ao futuro.

Un ano máis, xuntámonos enVilalba os exacadémicos para comprobar que aínda que o tempo pase, e o seu vento vaia facendo medrar as potencias interiores e encoller a apariencia exterior, mantemos vivo o vencello entre os que naquela Academia nos fixemos maiores, independemente da nosa idade; fixémonos persoas, en base a coñecementos e experiencias aparentemente inconexas; fixémonos ávidos de cultura a forza de abrir os ollos ao descoñecido… A Academia sempre estará na nosa lembranza, porque grazas a ela entramos nun mundo máis grande, máis fondo, inmenso… no que por moitos anos que pasen, por moita curiosidade que vaiamos saciando, nunca chegaremos a abranguelo porque –como aprendemos daquela- non hai límites nin barreiras para a persoa que descubriu un mundo novo no que a cultura –dicía o profesor Daniel Ferreiro- será a equipaxe máis importante que poida acompañar a calquera de nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania