Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Multa

martes, 23 de agosto de 2016
Gastarme cincuenta euros en viños coa familia –teño unha familia ampla- é unha ocasión de lecer, e quedamos todos contentos. Pagar cincuenta euros por unha multa de tráfico, rebaixa incluída, sempre me produce unha forte comezón que só o paso do tempo consegue mitigar.

Estes días paguei unha multa de exceso de velocidade – o meu coche iba a 61 kilómetros por hora- que me puxeron hai días na estrada que vai desde a A6 a Santiago, aló pola zona de Xanceda. A velocidade máxima estaba establecida, e segundo o aparato medidor de Trafico eu paseime amplamente desa medida.

Xeralmente teño moito coidado coas limitacións de velocidade, aínda coas que non teñen sentido ou están manifestamente colocadas para explotar ao conductor inadvertido. Pensei nese tema a pasada fin de semana cando pase de madrugada por Mosende na estrada entre Viveiro e Roupar, onde un sinal establece que o máximo que se permite de velocidade son 50 km. por hora, pero nunca vin un ser humano nesa zona e as casas que existen teñen toda a pinta de estar pechadas por carencia de humanos que as habiten.

Cando vexo un sinal estrafalario coma estes reduzo ostensiblemente a velocidade, pero vese que nesta ocasión non o fixen a tempo, e Tráfico tiña disposto un radar que evidencia que aínda non estaban cumpridos os fins recadatorios para aquel día e aquel lugar.

Ao final, aínda vou ter que estar agradecido ao sistema, que ao pagar de inmediato renunciando a toda reclamación, rebaixáronme á metade a multa inicial de cen euros. Paguei, pois, 50. Eu lembro que hai moitos anos, no meu rural, cando alguén obtiña un determinado beneficio con malas artes ou de xeito non totalmente ortodoxo, adoitábase desexar que o beneficiado inxustamente gastase en beneficio na farmacia, en medicinas. Non é o caso, pero eu recoñezo que estaría moito máis satisfeito se eses cincuenta euros que se me rouban legalmente os houbese disfrutado colectivamente, en familia, nun sabroso viño do país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES