Pobre felicitación do Concello de Catoira
X.X. - lunes, 09 de enero de 2006
Nun xornal (30-12-06), leo a felicitación de Nadal do Concello de Catoira, que non ten o máis mínimo xeito.
Inclúese a foto (supoño) do Alcalde, sinalando que O Alcalde e a Corporación envianlle os nosos conveciños. Nin envíanlle nin os están acentuados, polo que pode significar que é ós veciños ós que mandan a algún lado, e non que sexan os destinatarios de algún saúdo. En concreto, dun agarimoso saudo, tamén sen acentuar saúdo. O de envianlle, ademáis non encaixa con os nosos. Para rematar cunhas Felices Festas e Ani Novo, así separado.
En fin, que están ben as felicitacións de Nadal, aínda que me parece que a foto do Alcalde sobra nelas.
E polo que se refire a esta de Catoira, poderían mercar medio quilo de acentos, comas e puntos, e con eles facer algo case xeitoso.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora