Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O auténtico vendaval español

lunes, 22 de agosto de 2016
Como me fixo chorar, a cabrona! Falo de Carolina Marín, a campiona do mundo e gañadora da medalla de ouro destes Xogos Olímpicos. O auténtico vendaval españolVin todo o que puiden ver (practicamente todo) dos acontecementos deportivos relacionados cos españois. Vin a medalla de ouro de Mireia Belmonte. Vin a medalla de ouro de Rafa Nadal con Marca López, que, recoñezo, non a esperaba, pola simple razón de que confeso que, para este molgués, a época de Nadal xa pasou (e canto me alegro de, hoxe, errar o tiro).

Vin a medalla de ouro de Marcos Walz, que seica algunha vez adestrou no encoro de Castrelo de Miño, e isto sempre tira algo. Vin a medalla de ouro de Saúl Craviotto e Cristian Toro, que, este, aínda que naceu en Venezuela é de orixe galega, de Lugo, que tamén tira.

Vin a actuación de Támara Echegoyen, que tira aínda máis por ser de Ourense. E vin a sempre ascendente selección de baloncesto, que a pesar de empezar mal non se deixaron ferrar polos ianquis. Pois ben, logo de todo iso que vin, con quen realmente quedei alucinado foi con Carolina Marín, para un servidor foi o auténtico vendaval español que pasou por Río de Xaneiro.

A neniña faise querer; polo seu xogo, polas súas ansias, pola alegría da súa cara e, como non, pola forma que ten de celebrar os tantos, cada tanto. Ese berriño seco e agudo. Esa ousadía ante o imperio asiático do bádminton. Canto me alegrei da súa medalla de ouro! Como chorou e como chorei con ela. Non é ningunha metáfora nin esaxeración nin rabo de gaitas. Que tiven que limpar os ollos moitas veces. Menos mal que a vin eu só, tombado na cama e emocionado ata a extenuación. Grazas, neniña. Ah, por certo, ti tamén tiras por algo: o apelido, pois aínda que sexas onubense o teu apelido é unha vila galega. E todo o galego, para este galego, tira de carallo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES