Afán galeguizador mentras TVE se escaquea
Editorial - lunes, 09 de enero de 2006
Con Manolo Lombao ó frente, TVE-Galicia era todo un exemplo de utilización do idioma galego, e RNE-A Coruña era a emisora máis galega de Galicia.
Agora, tamén con Manolo Lombao ó frente, RTVE emprende unha restricción drástica das emisións en linguas das diversas comunidades, correspondéndolle a Galicia unha importante diminución na parrilla diaria.
En tanto, os políticos galegos están empeñados en galeguiza-los nomes, que está ben; en que se constrúan bonecas que falen galego, que tamén está ben e ata podería buscarse un razoamento multisecular baseado na trama da película El planeta de los Simios (dato para os afeccionados á S.F.), en que se galeguicen as celebracións relixiosas e que se graven en galego os datos das laudas sepulcrais... Pero non se escoitan voces parlamentarias sobre esa mingua que o noso idioma vai sufrir.
Á campaña de galeguizar os apelidos lanzada polo Bng respostoulle de xeito individual o deputado José Manuel López Tuñas indicando que a el non o galeguiza ninguén. Parece como se calquera cousa que se toque por un extremo do apoio político do goberno da Xunta fixese cóxegas ou molestase ó outro extremo.
E o de TVE, non molesta a ninguén?.
TVE escorre o vulto (vulgo:escaquéase), e todos calados coma mortos. Tan importante coma calquera dos outros aspectos é que TVE siga a falar en Galicia en galego. O afan galeguizador está ben, pero en todo, e se é nos medios
informativos mellor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora