Á Beira do Camiño: Agora ¡As rebaixas!
Mato, Xesús - lunes, 08 de enero de 2007
Despois das comercializadas festas do Nadal e das máxicas dos Reis, con enormes exhibicións nas cabalgatas, sobradas de agasallos para nenos ricos, volvemos á rutina.
Á normalidade. Sen descanso. Non nos deixan. Non lle convén ó País. Non vaia ser que queden restos agochados nas achicadas faldriqueiras. Todo planificado na sociedade da abundancia. Quedan atrás ilusións e esperanzas rompidas polas avaricias e os egoísmos. O aloucado terrorismo, os intereses monetarios e as escaramuzas partidistas campan por enriba dunha sociedade pacífica de seu. Por moito que se diga que nos acercamos ao pleno emprego na Terra non queren ver os xoves que se teñen que marchar a buscar traballo fóra e que segue a medrar o descenso da poboación. ¡Sen futuro preparado!. Hai unha manchea de valores aos que non se pode renunciar e non admiten rebaixas: a paz, a verdade, a xustiza, a igualdade, o amor... Non admiten o xogo dos saldos. Son moi valiosos. O esforzo na busca da fraternidade ten de se manter firme. Tarefa pendente e urxente. O mellor agasallo para esta nosa sociedade adormecida polo consumo.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora