Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lacra que maltrata a nosa paisaxe

lunes, 15 de agosto de 2016
Recuncho Hebdomadario:
A lacra que maltrata a nosa paisaxe


A pesar de que o verán foi e é seco, tardaron en chegar. Pero, como non, chegaron con forza, con moita virulencia. Axudados polo vento. Falo dos incendios, desa lacra, desa eiva que maltrata, que fire, que mata a nosa paisaxe. Chegaron a moreas. Porque ninguén apagou o lume no inverno. Os lumes apáganse no inverno. É certo que a culpa é e será sempre do pirómano. Pero este, se non tivera broza ou matogueiras para queimar... Os incendios non empezan por arriba, polas copas das árbores. Pero claro, se se limpan os montes no inverno... uff, cantos intereses haberá por aí acochados para que todos os veráns vexamos como os montes se poñen negros. E tristes. A ver, eu entendo que haxa pirómanos, que haxa xente á que lle guste ver o lume ou queimar os montes, pero cantos?... cinco?, seis? en toda Galicia. Mais esta cantidade quédase curta nun período de tempo de, por exemplo, 15 minutos. En 15 minutos, hoxe, en Galicia, cantos focos de lume se inician? Por iso é que, á forza, ten que haber moitos, pero moitos intereses para que ardan os montes. Creo que a maioría deses pirómanos están pagados. E co sinxelo que sería evitar a lacra: con todo o que se gasta na campaña de prevención de incendios, por que eses mesmos cartos e esa mesma prevención non se empregan no inverno? Ahhh, son cousas misteriosas. Como non facer unha boa política forestal. Estes días, si, todo o mundo fala dela: hai que facela, hai que cambiar isto e aquilo. Pero chega o outubro, empeza a chover e, claro, o monte non arde, e esquecémonos da política forestal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania