Rodaballos de Portugal, peixiños encantadores
Editorial - domingo, 08 de enero de 2006
Unha vella moi vella película cantaba lavanderas de Portugal, muchachitas encantadoras!. A canción quedou, na nosa nenez, como a primeira imaxe sonora do veciño país.
Agora, nin lavandeiras nin labandeiras, son rodaballos do Capitán Pescanova.
A Pescanova cansáronselles capitáns e grumetes de que en Galicia todo foran dificultades para montar a máis grande planta de cría e explotación de rodaballo de Europa e do mundo.
E foise a Portugal, onde lle dan toda clase de facilidades: 70 dos 140 millóns de euros que costa a fábrica.
Que lle ocorre á nosa clase política?. Non é que as empresas deban campar polos seus respectos pisando as cabezas pensantes da política do País. Pero se xa temos poucos empresarios e non os cuidamos, acabaremos importando os productos de Portugal, seguro que todos encantadores.
Ninguén vai entonar o Mea Culpa?. Triste país de cegos, xordos
¡e mudos!. Encantadores, eso si.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora