Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 12 de agosto de 2016
Hai que matar o tempo

Hai que matar o tempo. O atmosférico. E o de duración. Sobre o tempo atmosférico, semella que quere arder o mundo. Polo de sempre; pola calor e polos incendios. Pingas de OrballoSobre o tempo de duración, semella que non pasa nunca. Algunhas veces. Outras veces é un suspiro ou un latexo. Hai que matar o tempo. Como sexa. O atmosférico... a verdade é que é complicado, moi complicado, pois vai unha calor do carallo. Aínda que seica vai cambiar algo. Si, claro; pero ata que cambia. Ata que cambia, boqueas coma un peixe fóra da auga. E nós non temos que saír da auga, chega con asomar a cabeza á rúa. Notas “esa cousa quente” que se che mete na pel e nas entrañas, que non queda outra que boquexar e soltar, por suposto, o típico xuramento. A verdade é que hoxe en día o tempo atmosférico merece máis dunha blasfemia. O tempo como duración... uff, tamén é complicado analizalo: que se me aburro, que se non dou feito, que cando será iso, que cando aconteceu aquilo. O aburrimento quizais sexa o peor inimigo ou virus que ten o tempo. De aí que o queiramos matar: por aburrido e porque non corre. O suspiro quizais sexa o ritmo musical do tempo, porque a música é como aboiar coa mente en branco, sen te decatar do tempo, sen tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES