De que falan os políticos cando falan de millóns
Editorial - viernes, 05 de enero de 2007
Ós políticos éncheselles a boca falando de millóns. A todos. A todos os que gobernan.
Antes, que falaban en pesetas, todos sabiamos calcular correctamente. Agora, en euros, precisamos traducir.
O malo é que anuncian primeiro os millóns que van intentar conseguir, logo os millóns que figuran no presuposto, logo distribúen os millóns por partidas, e finalmente mencionan os millóns que leva cada obra importante que se pretende realizar.
Sempre haberá despois un Plan de Reequilibrio Territorial que aprobar, cos seus correspondentes millóns para turismo, infraestruturas, para o rural, para pensións
Por fin, o artellamento administrativo da convocatoria da redacción do proxecto, plan de incidencia no contorno, concurso da obra, adxudicación, e un longo etcétera no que a cada ocasión nos irán inoculando a noción de quen sabe cantos millóns de euros, conseguidos grazas a
.
Cantas veces escoitamos os mesmos millóns? Cantos destes millóns serán efectivamente inestidos e gastados? Quen nos axudará a face-las contas?.
Que de que falan os políticos cando falan de millóns? Son só palabras, sen maior valor. Cando falan de millóns, é mellor non escoitar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora