Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A inclusión en Caxade

miércoles, 10 de agosto de 2016
Esta semana fixen un recorrido polo universo de Caxade, un grupo musical galego liderado por Alonso Caxade que compón sobre a base de instrumentos de vento e percusión. O que a min me interesa de Caxade é a súa temática xa que me atopei cun grupo que utilizando o noso idioma espalla todo un conxunto de valores que propugnan a diversidade e a inclusión.

A temática de Caxade é tan complexa coma o seu xeito de expresión que ten na metáfora a súa ferramenta máis imprescindible. Caxade require escoitas pormenorizadas e tempo de reflexión para chegar ao fondo da súa mensaxe. Ao mesmo tempo os seus videoclips non nos deixan indiferentes senón que nos abraian mesmo ata ferirnos nunha visión crúa e realista da sociedade actual.

Estou pensando no tema titulado "Capador de Extraterrestres" que nun videoclip tremendo amosa a brutalidade da domesticación á que nos someten os poderes. Quizais este tema sexa complementario por outros coma "Gente Pota" ou "Demos Graças" onde amosa unha clara intención pedagóxica de construír unha cidadanía crítica que debuxa perfectamente no seu tema "Folión da Rebelión" onde describe unha realidade distinta cara a que quizais teñamos que camiñar.

Teño que confesar que o tema que realmente me levou a indagar sobre Caxade titúlase "Isto é amor"; na letra e no precioso videoclip agroma a diversidade coma un berce onde se comparten futuros de ledicia sen límites para que a existencia humana se desenvolva no entorno natural de liberdade que lle é propio. Caxade é capaz neste tema de amosarnos todas as caras do amor e a necesidade de non castrar ningunha delas.

Caxade é unha voz tranquila que tece contundencia e metáforas cheas de contido e incluso furia pero transmitidas na suavidade dunha voz que nin cala nin se altera nin permite que a silencien cando loita por un mundo mellor.

En Caxade hai pedagoxía e hai toda unha sociedade inclusiva que está por chegar e que é nomeada paseniño por un home que quere e tece en palabras o porvir que está por chegar nun mañá que alborexa nas conciencias que saben materializar utopías.

Caxade é amor á humanidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES