O novo xinete da Apocalipse
Editorial - jueves, 04 de enero de 2007
Melloran os datos do tráfico. Redúcense as mortes. Retíranse carnets.
Pero as traxedias poden ser menores, máis non de menor impacto.
Morren rapaces na flor da idade, de madrugada, nas cunetas.
Traxedias familiares e sociais, pequenas traxedias na dimensión galega, inmensas na dimensión humana e familiar.
E ás veces traxedias dobles: as das víctimas e as dos culpables, que ámbalas dúas partes teñen parentes, amigos, pobo de procedencia.
E ás veces tamén, as traxedias innobles dos que matan e fuxen covardemente.
Todo forma un conxunto de traxedia, de guerra non declarada, de terrorismo, de novo xinete da Apocalipse, o único que viaxa en vehículos a motor.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora