Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 04 de agosto de 2016
O condutor que se sente perfecto

Constantino Yuste Curro dixo que tiña que ir a Xinzo, polo que colleu o coche e marchou. Constantino (Tino, para os amigos) cando pillou a autoestrada, acelerou. El sempre dixo que por esas vías tan rápidas non se pode ir a 60. Pero Constantino Yuste Curro intentou non pasar dos 120.

Non quere que se vaia lento, pero tampouco quere cruzar os límites. Tino é moi cumpridor. E moito máis desde que lle calcaron xa máis dunha multa... por correr. Pero, coidadiño!, ir a 80 non é correr moito que digamos. Agora que, iso si, se vas a 80 nunha zona limitada a 50, pois pasa o que pasou. Doéronlle as multas, pero nunca culpará ós axentes da seguridade viaria. El é o primeiro en recoñecer que non podía ir a máis de 50. E pasou a 80. Constantino, é dicir, Tino, a pesar da súa obediencia, houbo un tramiño no que tivo que poñer ó seu Filiberto a 130 porque tivo que adiantar a un que o estaba poñendo nervioso. Constantino Yuste Curro, cando se pon nervioso, badúa, desbarra xeralmente contra algún condutor ou contra moitos ou todos os condutores. Tino sabe que non é perfecto, pero séntese perfecto. A ver, el sempre se escaquea con aquilo de... vai ti saber como me poñerán a min. O noso amigo Tino, ou Constantino para asuntos oficiais, chegou a Xinzo sen ningunha novidade. Tampouco a tivo no seu regreso á casa. Cumpriu coas normas, dentro do que cabe, e, por que non, sentiuse perfecto.

A experiencia dos feitos

Bo estaba e morreu. Quen morreu? O que bo estaba. Así de simple e así de sinxelo. Non hai porque buscarlle tres pés ó gato. A ver, por que dicimos tres pés se o gato ten catro? Sempre andamos buscando complicacións. Se a vida é a cousa máis sinxela que hai: vívela, e punto. Tes que vivila, senón... malo! Morres, non si? A ninguén lle gusta morrer. Creo que nin ós suicidas. Penso que estes, no derradeiro suspiro, xa están arrepentidos. Pero, claro, o problema é ese derradeiro suspiro. O derradeiro, entendedes? Xa non hai volta atrás. Ou volta de folla, tamén se di. Veña, veña, a vivir que son dous días! Son algo máis de dous días, mais, xa sabedes, as frases feitas... A frases feitas son o demo. Serán, pero é certo que teñen o seu aquel. É coma os refráns, case nunca fallan. Eu creo que os refráns son o día a día da xente, son a experiencia dos feitos. Se dás un paseo todos os días ás oito da tarde no verán e da noite no inverno, o normal é que os seguintes todos os días fagas o mesmo, non si? Que ten que ver iso cos refráns? Ah, non sei; quizais o da experiencia dos feitos. Vou na procura dun gato para mirar se ten tres ou catro pés. Sei que ten catro, pero... Cada vez estou máis convencido de que nos complicamos a vida porque nós mesmos somos un pouco complicados. Ou un moito retorcidos. Aquí tamén entra a experiencia dos feitos. A experiencia éche o demo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania