Cacharro sube ó monte Gaiás
X.X. - miércoles, 03 de enero de 2007
Cacharro está libre como o vento, agora que a súa carreira política ten caducidade programada. Por eso fala con toda a liberdade do mundo.
Permítese o luxo de comentar que o complexo do Monte Gaiás foi no seu comezo un erro e que agora é un erro máis grande.
Xa non ten que manter as formas en relación co seu Partido. A fin de contas Fraga era o presidente fundador, e había que terlle publicamente un respecto. E pode arremeter en todas direccións, como fai de cando en cando. É a vantaxe da liberdade, da independencia, de non agardar xa nada dos que están ó arredor.
Pode subir ó monte Gaiás sen ter que levar a cruz. Xa antes se encargaron de crucificalo.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora