Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas excelentes

jueves, 04 de agosto de 2016
Vostede, igual que min, oímos moitas veces falar de que tal persoa é unha persoa excelente.
Hai moitísimas persoas excelentes.
Hai moitísimas persoas excelentes, moitísimas persoas especiais.
Mellor dito, todas somos persoas especiais porque a fin de contas todos estamos feitos da mesma masa e todos temos a mesma orixe.
En potencia, todos somos excelentes.
Se todos somos excelentes…
¿Por qué non somos conscientes da excelencia de cada quen?
Porque valoramos as persoas polo que teñen en lugar de polo que valen e polo que son: “persoas”.
¿Por que incluso nos consideramos que valemos pouco?
Porque nos comparamos con outros e aínda non descubrimos o noso verdadeiro potencial. Temos que dedicar tempo a descubrilo.
¿Por que nos parece que outras persoas poden conseguir tales logros que nós non somos capaces?
Non é necesario que consigamos todos o mesmo. Para cada persoa o máis imporante é o que ela pode conseguir sen compararse con ninguén.
¿Por que será que nos valoramos tan pouco?
Porque non nos paramos a valorar o que temos, porque sempre dicimos que o mellor é o dos outros cando en realidade non é certo.
Os outros teñen o que teñen e nós temos o que temos.
Cada un ten o seu.
Todo é importante.
O máis importante non é o que temos, que en calquera momento podemos perdelo.
O máis importante o que somos e o que queremos ser.
¿Por que será?
Porque estamos nas nubes en lugar de poñe-los pés no chan e saborear non só o que temos, senón principalmente o que somos e o que estamos chamados a ser.
Certo que unhas persoas teñen máis posibilidades que outras, pero todas temos as suficientes como para considerarnos persoas felices e realizadas se explotamos as nosas capacidades.
Cada cual no seu posto, pero no mundo hai sitio para todos. Todos somos importantes.
Certo que vivimos nun mundo moi acelerado.
A veces non nos deixan ir ó noso paso.
Non nos deixan ser como quixeramos ser porque nos deixamos levar…
Certo que moitos se ofrecen para pensar por nós para alimentar o seu ego ou os seus intereses económicos.
Todos nos queren vender esto e aquelo sen saber se é o que verdadeiramente nos convén para o noso enriquecemento como persoas.
Certo que hai persoas de tódalas maneiras…
Normal. Todos somos diferentes, pero todos podemos ser felices se estamos a gusto coa nosa maneira de ser e de proceder.
Dentro desta variedade, todos temos potencial suficiente para ser excelentes:
Uns serán excelentes carpinteiros, outros excelentes violinistas, outros excelentes misioneiros, outros preparan uns menús exquisitos, outros…
E se aínda queremos ir máis lonxe; todos podemos ser excelentes persoas se dedicamos un tempo a pensar en nós mesmos, nas nosas cualidades, na nosa bondade, na nosa intelixencia, nas nosas facultades mentais, na nosa rectitude moral, na nosa honradez, na nosa laboriosidade, nas nosas capacidades, na nosa riqueza espiritual…
En definitiva, na nosa particular maneira de ser.
¿Pero verdadeiramente somos quen queremos ser?
¿Desenrolamos todo o noso potencial?
Estou convencida de que deixamos no tinteiro moita potencialidade que nada máis sacamos a flote en casos excepcionais de emerxencia.
Realmente sabemos da nosa valía cando nos vemos en apuros porque a necesidade agudiza o noso inxenio.
Certamente, non é nada doado nunha sociedade onde parece ser que o rei do mambo é o consumidor e o hedonista.
-Se cada persoa soubera verdadeiramente cales son as súas capacidades…
-Se cada persoa tomara conciencia de canto é capaz de aprender.
-Se cada persoa se decatara do que realmente vale a súa aportación ó tecido social.
-Se cada persoa creara toda a riqueza de que é capaz de crear….
A autoestima individual melloraría notablemente.
A sociedade daría un xiro de dimensións nunca imaxinadas.
Todos gozaríamos de moita máis felicidade, progreso e paz interior.
Afortunadamente:
-Hai moitas persoas conscientes da súa valía.
-Hai moitas persoas que saben xestionar o seu potencial.
-Hai moitas persoas que non se deixan “engulir” polo mundanal ruido.
-Hai moitas persoas dispostas a facer ben alí onde máis falta fai.
-Hai moitas persoas dispostas a dá-lo mellor de si.
-Hai moitas persoas excelentes, moitísimas máis das que nos podemos imaxinar.
Porque hai moitas persoas que traballan en silencio no posto que a vida lles ten encomendado renunciando en moitas ocasións á súa comodidade por unha causa superior.
Outras moitas necesitan soltar prexuizos, perder o medo ó que dirán, deixar de pensar en que fan o ridículo, ir alegres pola vida dando o mellor de si.
Porque todos valemos.
“TODOS VALEMOS”
Todos valemos será o título do seguinte artigo.
Porque todos somos membros dunha comunidade chamada mundo; un mundo moi complexo, pero moi fermoso no que cada persoa que ven a esta vida, está chamada a poñer a súa flor, a súa particular maneira de aportar paz e prosperidade a este xardín tan fermoso chamado vida que ten un valor incalculable.
¿Estaremos moi lonxe?
Pode que non.
Contando con persoas como vostede, cada día estamos máis cerca.
Grazas pola súa aportación e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES