Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non entendo nada

lunes, 01 de agosto de 2016
Non entendo nada. Por iso nunca me gustou a política. Porque non entendo nada. Vaia trapallada que estamos a vivir. Que si, pero non. Que non, pero si. O señor Rajoy ante o Rei. Que si, pero non. Que non, pero si. Aquel si pode presumir de galego; que nin sobe nin baixa, nin arre nin xo. Que si, pero non. Que non, pero si. E os outros?Os outros, depende. Ou mellor dito, primeiro non e despois depende. De que depende? Será de se o señor Rajoy se atreve a subir ou baixar. Non entendo nada. E politicamente non entenderei nunca nada.

Non entendo nada. Quen deu o golpe en Turquía? Os militares? Ou, agora, Erdogan? Aquí ata poida que entenda algo: que se foi real o golpe dos militares, ó señor Erdogan cadroulle ó xeito. Agora está facendo tal limpeza que nin Os Cazafantasmas. Así, coma quen non quere a cousa, leva camiño de facerse dono e señor do país. É dicir, ditador. A ver se a mesma xente que o apoiou no presunto golpe, lle para agora os pés.

Non entendo nada. Todo un ano esperando que chegue o ambiente estival ás aldeas e ás vilas, e cando chega, ós dous días, xa estamos cansos e desexando que volva o inverno para quedar os de sempre. Somos raros de carallo. Non entendo nada. Hai un mes, moitos diciamos que xa estaba ben de tanto fútbol, e agora xa temos o mono encima de nós. Cando diaño empeza a Liga! Non entendo nada. Hai dez minutos que estaba angustiado porque non sabía con que encher este Recuncho e, agora... Agora doulle grazas ós cóbados. Planteinos sobre a mesa e levántoos ó poñer o punto final.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania