¿Unha atención diferenciada e libre?
Noguerol, Ramón J. - miércoles, 03 de enero de 2007
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia está poñendo en marcha un plano de saúde con perspectiva de xénero, xa que segundo comenta a muller posúe unhas particularidades físicas e psicolóxicas e unhas necesidades sanitarias diferentes aos homes...
Por outra banda o Australian Council for Educational Research fixo unha seria investigación durante seis anos seguindo a 270.000 alumnos e alumnas escolarizados en centros mixtos e diferenciados. O informe sinalou que as escolas diferenciadas obtiveron ata nun 22% mellores resultados.
Tamén, nos resultados dun estudo publicado por Financial Times, as 25 mellores escolas ofrecían ensinanza diferenciada, igual que está a suceder en Canadá, EE.UU., e agora tamén en Alemania (co apoio neste caso dos movimentos feministas).
As recentes sentenzas a favor deste tipo de ensinanza, moi respetable, recoñecidas no artigo 27 da Constitución española e no 74 da Constitución europea, invitan canto menos a unha seria e rigorosa reflexión, sen prexuízos, para valorar con xustiza un modelo non discriminatorio, que pretende atender mellor a diversidade natural. Ademáis está conseguindo mellores resultados académicos e paradoxicamente esta á lograr unha maior capacidade de liderazgo, comprobada estatísticamente, e unha mellor integración e cualificación laboral.
Demos unha oportunidade á reflexión e á liberdade, porque os homes e as mulleres somos necesarios para construir unha sociedade máis xusta, cunha educación que atenda mellor a cada alumno/a, que impulse o proceso de socialización e mellore o rendimento académico do noso país.

Noguerol, Ramón J.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora