Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día con José Sousa

lunes, 01 de agosto de 2016
Xa nos coñeciamos, pero non persoalmente. Hai uns sete ou oito anos -non lembro por qué- contactaramos a través do correo electrónico e acabeille facendo unha entrevista que foi publicada na revista Auria.

Acababa de producir unha película titulada "Punto y raya", que, en clave de comedia, abordaba os atávicos problemas da fronteira entre Venezuela e Colombia, tan de actualidade -como ben sabe- nestes intres.

Logo, como acontece tantas veces, veu o silencio. Ata que o pasado sábado, no ambiente fraternal da "Hermandad", saudando á xente por aquí e por acolá alguén me dixo: "Ven, que che vou presentar a un cineasta, veciño teu de Celanova". Ó que eu lle contestei: "Non se chamará José Sousa?. "Pois si. O tal!".

Onte veume recoller ó meu interino fogar caraqueño e pasamos toda a xornada xuntos. É admirable cómo dúas persoas que non se coñecían denantes poden estaren todo un día xuntos sen pararen de falar.

Despois de medio século en Caracas (marchou con 14 anos), na compaña da súa muller e unha das súas fillas rexenta unha das tres productoras de cine e vídeo máis importantes de Venezuela. E é de Ver, unha pequechiña aldea sobre o río Arnoia, que fai linde entre Celanova e Ramirás.

Levoume á rodaxe dunha película que andan a rematar, onde tivemos oportunidade de compartir mesa e conversa con algún dos membros do "staff". Sobre todo con Rafael Salvatore, un encantador fotógrafo italiano que viaxou por un ano a Venezuela e agora conta tamén por décadas a súa presenza en Caracas.

Loxicamente, un día sen estarmos calados, da moito para falar. E falamos. Falamos abondo sobre as pequenas cousas da súa e a miña Celanova natal. Sobre o cine galego. Sobre Carlos e Pepe Velo. E, como non podía ser doutro xeito, sobre a grave situación política e social e as inmensas contradicións colectivas que el mesmo recoñece que non dá interiorizado por máis que zope de fronte con elas na súa vida cotiá. Se hai un ano lle agoiran que Venezuela ía chegar ó nivel de deterioro económico e social no que está, chamaríalle tolo ó "profeta", confesa.

E, finalmente, como ourensán confesoume unha pequena espiña que leva cravada no seu ego profesional. El, que ten sido convidado -sen petar xamais en ningunha porta- ós máis importantes festivais de cine de iberoamérica, a Cannes, ó Iberoamericano de Huelva ou a San Sebastián, un día de hai algúns anos déuselle por contactar co Festival de Cine de Ourense e dixéronlle que as súas películas non encaixaban dentro dos criterios do festival.

Xa ve, benquerido lector, cómo as contradiccións non son só cousa de Venezuela. En Ourense, con frecuencia, propoñémonos sermos campións da incongruencia e lográmolo. Sen moito esforzo, ademáis.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES