Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exemplo de inxustiza

jueves, 28 de julio de 2016
Aos que estamos fóra da política activa, parécenos que os políticos en exercizo teñen que estar feitos dunha madeira especial para non sufrir nin padecer, para soportar presións, comentarios, situacións, que a calquera persoa normal nos sumirían nunha angustia permanente. E sen embargo, temos que pensar que os políticos –e as políticas- como os profesores, os médicos, os empresarios… están feitos da mesma madeira ca nós, e disfrutan e sofren coas mismas ledicias e pesares que calquera de nós. Que son persoas coma nós.

E sen embargo, teñen que estar feitos dunha madeira especial para soportar situacións límite que poden destrozarlles a vida ou alterala para sempre. E agora mesmo refírome ao último dos acontecementos que ven de producirse en relación coa Operación Rei, que afectou ao ex alcalde e dous concelleiros de Castro de Rei, na nosa provincia.

Máis de sete anos en vilo, desde aquel día en que a capital do concello de Castro de Rei amenceu tomada pola policía, detidas as autoridades municipais, confinadas en calabozos con gravísimos cargos dos que parecía deducirse atoparnos diante de graves casos de delincuencia. Dous mil cincocentos días despois, milleiros de angurias, alteracións familiares e sociais, e a Audiencia Provincial de Lugo dictamina que non hai nada delictivo; que os acusados son inocentes.

Se resultasen declarados culpables, ademais do sufrimento xa experimentado, deberían purgar con cárcere ou outros castigos os seus delitos, valéndolles o xa experimentado como un “pago a conta” da súa débeda coa sociedade. Pero ao resultar declarados inocentes, e non ter nada que pagar á sociedade, quédalles o xa pagado como un tributo satisfeito a unha colectividade indeterminada, que ninguén vai devolver, do que ninguén se vai beneficiar, que ninguén poderá compensar.

Velaquí un exemplo de inxustiza social cunhas persoas, que aínda que agora resultan rehabilitadas socialmente, quedan mancadas de por vida a resultas dunha acción manifestamente desproporcionada que, unha vez emprendida, nin ten marcha atrás nin compensación posible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES