Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Psicose 2.0

miércoles, 03 de agosto de 2016
Fun ao día da Patria e de novo teño que dicir que pasei unha xornada leda na compaña dos meus amigos de tantos anos e de tantas batallas. O caso é que, entre o balbordo festeiro dun día vital espiritualmente para min, xurdiu unha migalla de medo ao ver pasar a unha persoa árabe polos concertos. Certo é que semellaba só, que o seu comportamento foi un pouco raro pero non é menos certo que hai un ano (sen ir máis lonxe) pasaríanos totalmente desapercibido.

A pregunta é clara: hai psicose na sociedade polo tema do ISIS? É tan comprensible como posible que a haxa ante a brutalidade, a contundencia e a violencia dos últimos ataques pero esta psicose prexudícanos a nós mesmos restrinxindo liberdades, instaurando o medo e cedendo espazos de liberdade a prol dunha seguridade que nunca será total; xa que depende de persoas coma nós e polo tanto está suxeita ao erro humano.

Non podemos deixar campar o medo porque aí está a vitoria definitiva do ISIS. Non podemos ceder liberdades porque iso é abrir a porta a represións arbitrarias. Non podemos deixar de exercer as nosas liberdades por medo. Sobre todo non podemos consentir que se aproveiten a necesidade de seguridade para restrinxir espazos de liberdade.

Vivir é unha tarefa difícil e arriscada que os tempos tenden a complicar pero cómpre lembrar que construír a vida require forza, ledicia, amor e liberdade. Se renunciamos a calquera destes valores quizais nos esteamos arriscando a vivir unha existencia sen un sentido pleno...

Merece o ISIS esta vitoria?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania