Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O francotirador caneco

viernes, 29 de julio de 2016
O francotirador caneco Ánxel Fole, mestre da retranca máis ocorrente, creou varios heterónimos abondo carpetovetónicos. A través dun deles revelou no artigo “Trasnoitadores de altura” a fórmula do humorismo abstracto; velaí: corno de castrón moído, sorpresina, graciosa cáustica, calamburina, galamina contumélica e criptina.

Quen teña lido a Juan Tallón algunha vez entenderá ben por que defendo que este portento de Vilardevós é da estirpe inconfundible dos trasnoitadores literarios de altos voos, prez dos cabaleiros da sacra ruta báquica da Galicia letrega e tabernaria. Podería equivocarme. Pero non.

Mientras haya bares, o seu máis recente gin-tonic articulístico, é un grolo con demasiado corpo como para non deixar unha resaca de ledicia lectora da que dificilmente se recupera un.

Tallón é un francotirador caneco, un loser espídico que manexa as palabras como se fosen tirarrollas peripatéticos. Por iso hai que andar con tento cando un se expón á súa escrita. É perigoso, irremediablemente letal. Diría máis: Círculo de Tiza, a editorial que con tanto meco publica Mientras haya bares, faría ben en engadir ás opinións que reproduce na sobrecuberta unha nova que calcase o slogan das autoridades sanitarias: ler a Tallón prexudica gravemente a saúde. Téñense dado casos de infarto cerebral por abuso da glándula pineal. Xa se sabe: penso, logo Tallón.

Mientras haya bares é tamén un ambigú de disparos e carpantas. Por veces as bebedelas perpetráronse en diarios (El País, El Progreso), outras en revistas (Jot Down) e aínda algunhas rodaron dixitalmente por descartemoselrevolver.com, a páxina dende a que o de Vilardevós evanxeliza os infieis adoradores da literatura infre tratando de que saian da caverna ao cosmos noetós da Escrita con caixa alta.

Quen se atreva co pulso baterá nestas páxinas cun cóctel poderoso que non desapide dun Hegel de furancho ou O francotirador canecoun Faulkner lacazán estomballado en Rowan Oak. Saberá por que convén non se fiar das Academias, nin dos individuos de puntualidade recalcitrante, nin daqueles que levan vitorianamente bordadas nas camisas as iniciais. E o que é máis importante: entenderá a trampa mortal que supón un post-it da parella se non se lle atende a tempo.

Porque Tallón é un hapax. Non escribe como pensa porque non pensa como escribir. E tampouco pensa como escribe porque escribe sen saber que pensar. As aporías, para el, son como os bos penaltis: cómpre rematalos con convicción, pero aparentando que se pasaba por alí, non vaia ser o demo que a un o tomen por un filósofo transcedentalista e lle neguen a entrada nos máis gloriosos e inmundos tugurios, templos da materia da que están feitos os soños literarios.

Eu, de ti, nin o pensaba: como recorda o propio Tallón, Lenny Bruce, o pai da Stand-up comedy neoiorquina, xa avisaba ao comezo das actuacións de que “¡Imos morrer todos!”. Visto que a Apocalipse está cerca, antes de morrer en mans de calquera matarratos bestsellerizado dos que tanto inzan, paga a pena imbar dunha tacada o chope agre e vivificante deste Mientras haya bares e logo, xa con tranquilidade, se iso ir colgando o cartel de pechado por defunción lectora.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES