Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A volta coas eleccións

miércoles, 27 de julio de 2016
Parece que Berlusconi nunha ocasión explicaba o seu éxito electoral porque os cidadáns querían ser coma el. Non sei se esta explicación sería válida para o noso caso, pero o certo é que a corrupción non resta excesivos votos. Intentarei achegar algunhas posibles razóns destas noxentas anomalías.

-Baixo nivel de educación cívica e solidaria e escasa conciencia crítica. Todo se xustifica se ganan os nosos, sen saber moi ben que significa tal propiedade.

- A isto hai que sumar que hai persoas, xeralmente de certa idade, que por razóns relixiosas pensan que a esquerda perseguirá á Igrexa ou lle quitará privilexios. San Hilario de Poitiers (+367) considera ao emperador Constantino coma un corruptor da Igrexa polos favores económicos e políticos que lle concedeu. Din, ademais, todos os políticos e os partido son iguais de corruptos, pero sempre acaban votando a un deses "iguais", normalmente da dereita. Mesmo teño oído que hai que votar aos ricos porque como están cheos xa non roubarán máis, coma se avaricia tivera límites. Na historia está acreditado que os ricos nunca se distinguiron pola súa xenerosidade nin a nivel individual nin a nivel colectivo. Pode ser certo que fixeran algún hospital para os pobres, pero tiñan moito coidadio de facer antes os pobres. Se hai ricos é porque hai pobres, porque vivindo dun modo solidario hai bens para todos. Temos escoitado moitas veces "o pobo unido nunca será vencido", pero agora xa prevalece "o de diñeiro unido, non será vencido".

Outro mantra que anda por aí é que a Dereita administra mellor e baixa os impostos, a esquerda malgasta, é dicir que gastar en educación, en protección social, en sanidade... é considerado coma un despilfarro.

Naturalmente que soster a sanidade, a educación e os servizos públicos esixe diñeiro que hai que achegar entre todos, pero máis quen máis teña. Se os servizos son privados o acceso a eles será para quen poida pagalos.
Estes días desde o PP chaman á responsabilidade buscando apoio. Hai que apoiar sempre toda idea solidaria, pero hoxe apoiar ao PP parece apoiar á corrupción: Bárcenas, Valencia, Gürtel, Angrois, ministro de Interior... contas en b, pagos en diferido ou non tanto, ánimos a delicuentes, Bancos, Caixas de Aforros, moita morralla xunta.

Responsabilidade canta se queira, pero tamén compromisos: Lei de educación consensuada, reforma Laboral que teña en conta a parte máis débil, supresión de aforamentos, auténtico privilexio de pernada e, Rajoy para Santa Pola, praza moi ben pagada, por certo, porque indecente pódese ser por acción ou por omisón. A complicidade nunca é unha atenuante.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES