Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que os números non poidan coas persoas

viernes, 29 de diciembre de 2006
A correlación entre o real e o virtual é tan perfecta que case coidamos pode haber transferencia automática entrambos. O mesmo que entre a vida e a súa representación numérica, xa que a matemática reflicte os acontecementos reais, e a vida pode ser representada pola matemática aínda que non, afortunadamente, reducida a ela.

Todo na actualidade ten a súa expresión numérica, todo é pura estatística, desde que a Lei do Tabaco fixo baixar en 2 puntos a porcentaxe de fumadores ata que as explotacións galegas son as máis pequenas de España. Sabemos mesmo a tradución numérica das nosas preocupacións, e o Cis indica que o paro se sitúa como o primeiro problema para o 40,1 por cento da poboación, seguido da inmigración co 40, e o terrorismo co 25,4%.

Os números, neste caso a xeito de porcentaxes, radiografían as nosas preocupacións, o noso sentir. Incidindo nesas porcentaxes, influirán en nós; farán cambiar o noso xeito de pensar, canalizarán a forma en que debemos expresarnos e comportarnos.

Ben pensado, moito poder temos entregado ós que nos gobernan. Por agora, aínda non somos números, a pesar de que os números nos representen, e vale a pena pararse a pensar e valorar o que nos queda de entidade persoal, e gobernar nós o contorno e non deixarnos avasallar por el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania