Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de julio de 2016
Química Pura

Química pura no latexo dun verso e cuestión de resonancia magnética na maraña dun pombo. Non todos os coches que circulan pola rúa teñen atracción no espello retrovisor nin todas as persoas que sentan nos bancos da beirarrúa olen a súa propia exsudación. Pingas de OrballoQuen pensa que o pescozo dunha xirafa chega ata o infinito e máis alá? Se simplemente ten tres palmos de narices. Máis ou menos. Química pura no bater de ás dunha andoriña e rima en asonante no retrouso dunha canción. De calquera canción. Xa quixera un portaestandarte rodar pola cuneta da indiferenza ou polo rego dun sopro. Quere amar o pombo á rula, pero hai niños que só sabe compartir o cuco. Maldito cuco! Química pura no suspiro dun tempo perdido e son de jazz nunha noite de silencio na que non hai ruído. Non todos os gatos son pardos... de noite, nin todas as xovencas andan nas leiras dos veciños... todo o día. Móvense as teclas do piano e o ritmo da música viaxa en ascensor ata o tímpano dos oídos. Tamén máis ou menos. Aínda que ó mellor é un depende. Como vas saber o que vale un peite se non tes un puto pelo. Química pura no sorriso dun recordo que vai e vén polos recantos da memoria e salouco de sentimento por un tempo que foi e que xa nunca volve. Como demo vai volver o pasado! Química pura no punto final deste molgués aloucado.

A áncora de Muros

Son home de montaña, de monte, de ríos, de fervenzas. Pero gústame o mar. Non así a praia. Ese ruído do mar. Ese vaivén das ondas. Esa inmensidade do océano. Ese infinito. Todos os anos intento levar ós rapaces á praia. Teñen dereito a bañarse e a enzoufarse coa area. Odio a area pegada á miña pel. Todos os anos (menos un) sempre fomos Pingas de Orballode Muros para arriba. Practicamente todos os anos nos achegamos ata Fisterra, ata o cabo do mundo. E si, todos os anos, absolutamente todos os anos que pasamos por Muros hai que facer parada e sesión fotográfica na áncora do porto de Muros. Podo dicir, xustificadamente, que os meus rapaces creceron coa áncora de Muros. Subidos a ela. Pegados a ela. Facendo caralladas nela. Medio escarallándose nela. O outro día pasamos por alí e moito antes de chegar, xa foi o propio Xoel o que comentou o de parar ante a áncora. Á volta de Louro paramos. Faltaría máis! E aínda que, Alán, todos os anos rosma, houbo que cumprir coa tradición: fotos ó canto. Gústame Muros. Moito. Pero é que á áncora esa xa lle estou collendo un cariño especial. A ver! é coma se lle dera de comer ós meus fillos. É a que nos embarga de emoción cando repasamos as fotos. Os rapaces con tres anos, por exemplo. Os rapaces con cinco anos. Os rapaces con dez anos, con trece anos e cos actuais quince e dezasete. A ver! merecía ou non merecía un Pingas a áncora de Muros?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES