Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Nadal: Relixiosidade e Tradición (A Noiteboa, o Nadal e os Santos Inocentes)

viernes, 29 de diciembre de 2006
Nadal é relixión, cultura e tradición. Todo xunto e mesturado. Sen unha selectiva xerarquía de valores. Tanto monta, monta tanto. Con latexos do seu senso orixinal cristián. Negalo é non ser fieis á historia nin a nós mesmos. Cómpre restaurar e dignificar estas entrañables festas.

Dentro do ciclo Nadal/Aninovo/Reis o Nadal é o cumio. Acolle as festas da última semana do ano, no relixioso/cristián. Moi rica en cultura e tradición. Cómpre ter en conta detalles: A maioría dos nacidos despois dos 60 (menores de 50 anos) apenas saben do que estamos a falar As xeracións anteriores aínda lembramos, xa que as vivimos cando Galiza era rural. (O 85% da poboación) Eran días do ano nos que os labregos asumían ser eles os propios protagonistas. As circunstancias eran favorables: había moita xente nas aldeas, participaban todos, vivían sen medios, sen luz, radio e televisión, con mentalidade do misterio. Ademais, con moito tempo morto (inverno). A razón de maior peso para a sintonía coa vida da Familia de Nazaret era o se sentiren semellantes a eles: xente de aldea, sinxelos, pobres, labregos, desprezados, perseguidos, mesmo emigrantes...Total identificación. Nas panxoliñas percíbese. Personalizan os personaxes, os bos e os malos, que acollen ou rexeitan ao Neno, a María e a Xosé.

As celebracións: No relixioso, o día anterior á Natividade (Natal=Nadal), na Igrexa Romana, celébrase a Noiteboa. A data do 25 de decembro foi fixada no século IV. (Na Igrexa Oriental, o 6 de xaneiro). Os cristiáns celebramos o 2006 aniversario do Nacemento de Cristo, Fillo de Deus, o Mesías (Salvador universal) prometido por Deus ao Pobo de Israel.
A Noiteboa: tres partes con mestura relixión/tradición: Cea, Misa do Galo e tizón do Nadal.
A cea: íntima (familiar/festiva), casa paterna, con presenza espiritual dos defuntos (e “reserva de asento”, nalgures) As viandas (daquela, non se podía comer carne, pola abstinencia) eran a base de bacallau, con repolo, nabiza ou verzas (máis tarde a coliflor) e de sobrecea noces, castañas secas, uvas pasas caseiras, torradas fritidas, doces da casa e moita bulla e ledicia. Nalgunhas casas tiñan de invitado/a a algún pobre ou algún dos que “non eran ben” da aldea.
A Misa do Galo ( raíces celtas). Os galos anuncian a chegada do novo día, a Luz do mundo que para os cristiáns é Xesús. O pobo cristián debe ser o primeiro en facelo. Por iso, á media noite (en lembranza da hora do Nacemento de Xesús) coa participación masiva das familias e dos veciños. Antes e despois facíanse bromas e cantaban panxoliñas polas rúas.
O lume novo (ou tizón do Nadal): Despois da cea varrían ben o lar (destruír o vello e dar paso ao novo) e na lareira prendían lume a un cepo que ía quedar ardendo ata o amencer do Nadal.. En Cervantes/Becerreá prendíano todos os días e nas tormentas.
Velaí unha panxoliña que resume o anuncio da Boa Nova: ”Aló, á media noite // cando o galo canta //, nunha vila santa // que chaman Belén //, nunha probes pallas,// nun pequeno establo // naceu, malpocado,// Xesús, noso Ben//. E cheíño de frío // non tiña a ninguén // e dáballe alento !! a mula e o boi //. E vosoutros, rapaciños//, cheos de gozo, ide a buscar// algunhas cousiñas // que ao noso Neniño // poidamos levar” (Da Zona de Sober/Lugo).

Dos Santos Inocentes (día 28) lembranza da matanza de Herodes, destacar “as inocentadas” aínda vivas. (Outro día contareilles a tradición da Festa do Obispillo de Lugo en homenaxe á inocencia dos nenos) No que toca aos “nacementos/beléns” (na aldea eran moi simples, coma eles). Defendemos que se deben manter por fidelidade á fe e por respecto á tradición que leva séculos (desde o 1223, con San Francisco de Asís). Para vergoña dalgúns, os musulmáns acaban de recordarnos que é un “gran valor que deberiamos manter e respectar todos”.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES