Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago de Foz

martes, 26 de julio de 2016
Nunca soubemos por qué, sendo Santiago o patrón da nosa vila celébranse, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen ser algo insólito, resulta chamativo, pois descoñecemos a existencia de algún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo. Temos escoitado teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente incoherencia, todas relacionadas con motivos laborais; pero non atopamos uha soa referencia documental que confirme algunha delas. Así, dise que en tempos nos que a gandeiría e agricultura tiñan un peso definitivo na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas de xeito mais distendido, xa rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo,ós traballos de segas e das mallas.

Outra versión, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bonito e o bocarte, alusión que consideramos anacrónica. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, tería que ver coa existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando ceibo no monte; o día 24 de xullo celebrábase na Espiñeira unha importante feira á que se levaban a vender as reses, o que interfería no desarrollo da celebración festiva.

Acaso non sexan éstas mais que elucubracións faltas de fundamento, o que fai que moita xente, focegos e foráneos, segan a preguntarse; ¿por qué e, dende cando, o San Lourenzo pasou a sustituir a Santiago na celebración social do festivo patronal…?

Para a primeira parte da pregunta non temos a mínima resposta. Polo que respecta á segunda un benquerido amigo, estudoso da historia local,atopou no libro de fábrica da igrexa parroquial unhas anotacións según as que no ano 1634 pagáranse x reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e 33 anos despois, en 1667 por facelo na festa de San Lourenzo; e dende entón (s.XVII) celebrouse sempe ésta. Parece que o dato despexa sequera unha parte da incógnita…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES