Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O respeto ten moito que ver có amor

lunes, 25 de julio de 2016
Camiñaba polo Lodeiro (Viveiro) vestido cunha camiseta negra onde se podía ler: “Resurretion fest”. Estaba colorado e alporizado coma se vivirá unha experiencia única. Falaba maravillas daquela xuventude coa que convivirá catro días, da calidade dos grupos, do ben que estaba todo organizado. Dicía: ¡unha pasada superior!... e repetía, pero…¡ unha pasada!… Xa era hora de que a xente se decate das bondades da xuventude e non esteña sempre renegando dela. Ises que sempre protestan cando ven disfrutar ós novos, non recordan os seus tempos en que andaban cheos coma cas, que destrozaban cousas ou se pasaban tres pobos faltándolle o respeto ás rapazas. Eu recordo homes que eran verdadeiros acosadores e depredadores de mulleres e que facían cousas que hoxe serían consideradas delitos.

-E que antes había moita represión sexual.

- Mira, rapaz os tempos son outros, pero as persoas compórtanse na vida según son e a educación que teñen. Hoxe tamén hai represión sexual, pero iso non é razón para a falta de respeto. O respeto tén moito que ver có amor.

- E vostede ¿cómo anda de amor?

- Un vello sabe distinguir moi ben entre sexo e amor. Sempre recordo a unha parella moi velliña que se daban bicos de cada pouco e se facían carantoñas cunha tenrura exquisita e andaban sempre collidos da mau. Il fora mariñeiro e ila aagardabao en silenzo e pregando a Deus pola súa xoia. Os que andan todo-los días detrais das pícaras novas acostuman a seren xentes cativas, pequenos depredadores ou grandes enfermos dos miolos, ou do pizarrín, que aproveitan sempre as caídas ou a inxenuidade. Son buitres ou geivotas pendentes do traspés da víctima. Os verdadeiros homes son poucos, pero sempre son desexados pola mulleres que valen a a pena. E pensa que tanto na muller coma no home tamén hai moita morralla. Eu, persoalmente de amores ando excelentemente…

- Acábome de atopar cun veciño que sempre me está chufando os éxitos dos filos, os cartos que tén, as casas que tén…

- Mira, rapaz, o que nunca nada tuvo sempre anda igoal, que se casa, que se coche, que se sete carreiras… cheirume de presunción. Eu, cando me falan así, desconecto e non oigo aínda que me sigan a falar. Ise é un mal moi extendido. Antonte tomei café cun antiguo compañeiro do mar é resulta que il non tiña dúbida, pero casou cunha cheirona presumida e agora sempre tén que ser coma a nata da leite, sempre por enriba. Andan metidos en competicións de quen é máis ricos, enseñanche os periódicos cos éxitos dos fillos, mercan as roupas máis caras e viven para isas cousas. Da súa boca só sal o fétido cheiro dos cartos.

- Nótolle unha certa xenlleira polos cartos.

-Coido que xa che dixen que os cartos só son unha ferramenta para vivir e non quero que sexa unha obsesión na vida. Ise é un vicio que se chama avaricia e que non debe de vir agora no catecismo. Chámame moito a atención a actitude de moitos pais obsesionados en que os fillos estudien unha carreira e sexan ricos, pero atópanse en que os novos non queren seguir isas directrices, e fan a súa vida alleos a isa ilusión dos pais. Viven en pisos alugados, non se casan pola normas establecidas, escollen traballos que lles gostan, aínda gañando menos. Néganse a vivir baixo a dictadura do enchufe, ó mercar a oposición ou traballar para determinado partido…son xuventude con dignidade e principios e haina.

- Fala de cousas moi terribles: ¿mercar as oposición? ¿traballar para determinado partido? ¿Acaso acó hai corrupción como en Valencia, por exemplo?

- Mira, infeliz, a corrupción en Galicia vai nos xenes. Corrupción haina moita e moi variopinta. Se acó non sal na prensa e non se investiga, é porque aquí naceu Franco e aínda está todo atado e ben atado. Isto é como a mafia, hai unha serie de padriños que te poden enchufar nas institucións; hai costructores que mandan mais que os alcaldes; hai diñeiro negro a mansalva, case nadie merca un piso sen pagar diñeiro negro; as leises só afectan a algún, os outros sempre se acollen a resquicios legais; ou, como din agora, alegais-palabra non recolledida no diccionario- pero dunha eficacia tremenda para os chanchullos. A Xunta e as diputacions rivalizan en axudar con subvencións ós dos seus partidos, os organismos oficiais están a servir non os intereses ciudadán,- por exemplo Costas, Portos, son intereses privados de determinados individuos próximos os que gañan as eleccións…¿Ti viches alguna investigación forte en Galicia? Pois eu conozo a algún que non saiu nos papeis de Panamá. E calquer intelixente sabe a quen me refiro e porque endexamais se investigou a súa fortuna. Un analfabeto por moi llsto que sexa necesita abogados e cobertura política. Cae de caixón que tén padriños.

- Pero para os investigadores é moi difícil encontrar testigos porque todo o mundo se bota para atrais.

- Mira cómo será a cousa que nas Rías Baixas dos capos da droga dín que son boas persoas e ninguén se atreve a dici-lo que ve. Acó, cando alguén investiga, invítase a marisquisto, mentras se lle exprica e ameaza veladamente e, entre marisquito e chopito, trócaselle o chip e rematouse a investigación.

E foise cantando no sei qué cousas de Iron Maiden -un grupo do Resu- berrándome: hai que etudiar idiomas que o futuro está no extranxeiro.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES