Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A odisea de solicitar cita no Ambulatorio de Guitiriz

miércoles, 20 de julio de 2016
Solicitar cita no Ambulatorio do SERGAS do Axuntamento de Guitiriz é mais surrealista que aquel conto popular que escoitaba eu de neno, de cando aínda non había galos para chamar o día e os veciños tiñan que arroldarse para ir todas as noites por el co carro das vacas.

Algo parecido ao que ocorre no conto é o que nos pasa cando temos que solicitar cita co médico e facer as curas nese Ambulatorio, pois é necesario ter moito tempo, poucas presas, e, ao non haber autobús, dispoñer dun coche ou utilizar dous ou mais taxis si nola dan para outro día; todo elo adobado con moita paciencia.

En teoría existen tres números de teléfono na papeleta de cita que o Ambulatorio dispensa aos doentes despois de ter que achegarnos por alí para conseguila, xa que, despois de chamar insistentemente a eses números, ninguén se digna coller o teléfono ao outro lado das liñas para facilitarnos o día e a hora en que podemos ser atendidos polo servizo correspondente.

Non se sabe si é por falta de persoal ou que outro motivo lles impide collelo, pero é practicamente imposible facelo por ese medio desde a casa. Existe tamén outro número de teléfono que non aparece xunto aos outros tres, pero este si que o collen as traballadoras da recepción cando o marcamos, aínda que ao dicirlles o motivo da nosa chamada, contestan que ese número non é para dar citas.

Si xa os doentes que teñen a súa residencia habitual neste municipio o teñen difícil, os chamados desprazados, que vivimos fora do municipio, noutra nación do Estado, ou de fora del, ao non dispoñer da tarxeta do SERGAS, aínda o temos moito peor, pois non nola dan de ningún xeito, senón nos presentamos alí fisicamente, aínda que por casualidade ou equivocación teñamos a sorte de que nos collan o teléfono.

Estas incoherencias dan lugar as seguintes preguntas: Si ese número de teléfono non é de urxencias, nin doutro departamento ou servizo, porque o collen as mesmas traballadoras que dan as citas? Que función ten esa liña telefónica? Porque motivo se atende ese teléfono e non os outros tres? Que diferencia hai en que a solicitude do doente se faga por presencia física ou por calquera dos números, cando ao desprazado tamén se lle pode requirir que se identifique pasando polo mostrador antes de entrar ao correspondente servizo?

É difícil de entender que habendo tantas persoas maiores, e en plena era tecnolóxica, teñamos que desprazarnos desde as distintas aldeas que ten o concello para algo tan necesario, obrigándonos a alugar un taxi si non contamos con outro medio propio, para solicitar unha cita médica e ter que volver a utilizar o mesmo medio de transporte o día da cita, si, como xa dixemos antes, nola dan para outro día.
Río, Raúl
Río, Raúl


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES